 As políticas do PP están convertendo España no cubo do lixo de Europa, pobreza extrema e portadas de miseria en todos os medios de comunicación internacionais, "pero non pasa nada"....o Domingo vaise a misa e os curas usando a Deus como testemuña perdóano todo.... O Comisario está profundamente preocupado pola crecente taxa de pobreza infantil en España, xa que en 20113 o 30,6% dos nenos corrían o risco de caer na pobreza, un incremento dun 10% en comparación con 2008. A pobreza infantil, que probablemente sexa o efecto máis visible da crise económica e das medidas de austeridad fiscal nos nenos, ten uns efectos potencialmente devastadores a longo prazo, posto que adoita ser unha das principais causas orixinarias da pobreza e a exclusión social entre a poboación adulta.
As taxas de pobreza infantil varían considerablemente, dependendo da comunidade autónoma de que se trate. Durante a súa visita a Sevilla, o Comisario mostrouse consternado ao saber que os nenos se desmayaban na escola debido á falta de comidas apropiadas, e que levaban a mesma roupa durante tres semanas consecutivas, por mor da pobreza.
A rexión de Andalucía rexistra unha das taxas máis elevadas de nenos menores de 16 anos que corren o risco de caer na pobreza (37,4% en 2011).
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.