Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de octubre de 2013

MOCION DO P.S.O.E. DE CAMBADOS SOBRE O COLEXIO MAGARIÑOS




O Colexio Publico Antonio Magariños Pastoriza, ven demandadndo desde hai unha serie de anos a necesidade dun lugar axeitado para o desenvolvemento da asignatura de Educación Física. O patio cuberto no que se realizaba esta materia, non está xa en condicións para impartir esta clase como se viña facendo en anos atrás. As inclemencias do tempo, fan que esta zona esté mollada prácticamente durante todo o curso, pois ademáis da chuvia que entra polos laterais, ó non haber paredes ata arriba, entra tamén auga pola parte do teito que está con grietas e fisuras.
  A segunda fase aprobada para este centro, na que se ía a arranxar esta problemática, a pesares de estar como dicimos, aprobada, non foi executada e non se dou ninguna explicación do porqué.

 Este Centro ten tamén outro tipo de necesidades básicas. Unha necesidade básica e primordial de calquera centro e en especial dun Colexio é a limpeza e a hixiene.
 O Colexio Antonio Magariños conta cunha soa persoa para limpar todo o centro nas dúas horas que ten estipulado. Como é moi comprensible, neste breve espacio de tempo, apenas se poden limpar todos os cuartos de aseo que ten o centro, polo que é imposible limpar nesas dúas horas todo o colexio, por iso cremos que é necesaria unha persoa de apoio que leve a cabo estas tarefas de limpeza conxuntamente coa persoa que xa as está realizando. Esperamos, como non podía ser doutra forma, que esta nova persoa sexa contratada tendo en conta as necesidades das familias sen ingresos do noso municipio.


 Por último, dacordo coa Instrucción 2/2013 da Secretaria Xeral Ténica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de 14 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso 2013/2014,  “Os usuarios para os que se solicita a ampliación non poderán incorporarse ao comedor ata que o autorice a Secretaría Xeral Técnica e así lle sexa comunicado á dirección do centro”.
Dado que este centro ten capacidade para albergar a máis dos 22 usuarios subvencionados concedidos, solicitóuse a ampliación dos usuarios do comedor en 15 plazas máis, que foron denegadas sen ningún tipo de aclaración. Tendo en conta que os rapaces que solicitan o comedor teñen necesidade do mesmo por razóns económicas, familiares e sobre todo laborais, e non tendo que levar a cabo ningún tipo de inversión xa que éstes usuarios non serían subvencionados senón que pagarían polo seu uso, non entendemos a negativa da Secretaría Xeral Técnica para levar a cabo a ampliación de prazas.



Por todo o exposto, este Grupo Municipal, somete a votación en Pleno, a seguinte MOCIÓN:

1.- Como necesidade urxente e primordial, adecuar a zona habilitada para impartir a clase de Educación Física, que non é máis que un patio cuberto, de xeito que a zona permaneza sempre seca, executando a segunda fase xa aprobada nos orzamentos de  hai dous anos, para este centro, e instando ó organismo que corresponda para que se leve a cabo coa celeridade que se precisa para poder impartir esta asignatura unha vez que o curso xa comezou.

2.- Dotar ó centro dunha persoa que leve a cabo as tarefas de limpeza, xunto coa persoa que xa o está facendo, para que o colexio se poida manter limpo e cunhas condición hixiénicas básicas como corresponde a calquer outro centro.
3.- Instar á Secretaría Xeral Técnica da Consellería para que autorice a ampliación das 15 prazas para o Comedor Escolar e llo comunique á dirección do Centro coa maior brevidade posible, para que estes nenos que dependen do comedor escolar poidan facer uso del desde que empece o seu funcionamento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.