No encontro participarán máis dunha vintena de bandas de gaitas tanto
de Galicia coma do resto de España, que competirán por alzarse co premio
de mellor banda en cada unha das catro categorías: 4º grao, 3º grao, 2º
grao e 1º grao.
O presidente
da Federación Galega de Bandas de Gaitas e director da Escola de Gaitas
da Deputación de Pontevedra, Hipólito Cabezas, recalca que se trata do
evento arredor da gaita máis importante de Galicia, tanto pola cantidade
de xente que move como pola calidade dos participantes.
Cinco apartados
As bandas farán a súa actuación ó aire libre, desfilando e formando
círculos, ó tempo que han interpretar as pezas que seleccionasen para
esta ocasión.
Os xuíces, un total de dez, terán que puntuar a
cada banda en función de 5 apartados: gaita, percusión, estética,
afinación e conxunto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.