Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de octubre de 2013

PONTEVEDRA-SALNÉS A EXCEPCIÓN DAS LISTAS DE ESPERA



Publicábamos a semán pasada os datos das listas de espera na sanidade galega. Dentro da tónica xeral de mala xestión por parte do Governo galego temos que facer unha excepción. Pontevedra-Salnés sálvase da queima.
Ata o mes de setembro, a Estrutura de Xestión Integrada Pontevedra-Salnés, supera os principais obxectivos da Consellería de Sanidade para este 2013, ocupando os primeiros postos respecto doutras áreas en Galicia.
Os datos globais revelan que aumentou o número de ingresos, pero Pontevedra-Salnés teñen a media máis baixa nas estancias hospitalarias de toda Galicia, con menos de 6 días. Nestes nove meses operouse máis, aumentando as cirugías ambulatorias e, de igual modo, os centros de saúde realizaron cirugías menores.


 Neste punto o Gerente de Xestión Integrada, José Manuel González destacou como referente o Servizo de Urología do CHOP, onde se aplican as cirugías cos sistemas máis avanzados, como o        "Láser Verde" para as cirugías prostáticas que non necesitan ingreso e, os pacientes que ingresan non superan os tres días e medio.   Neste tempo formáronse neste servizo unha ducia de especialistas de toda España.
Destacou José Manuel González o funcionamento das vías rápidas para garantir a atención en menos de 15 días ao paciente con sospeita de padecer cancro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.