Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2013

A ESPERA PARA OPERARSE EN GALICIA SEGUE CRECENDO




Mentras Núñez Feijóo segue a o seu as listas de espera suben.
Cecáis a culpa sexa de Zapatero ou do bipartito, seguramente eles, o PP, non a teñan. Por certo a conselleira de Sanidade é a que está na foto do lado, para aqueles que non a coñecen. É dos poucos membros do governo Feijóo que están seguido con comedelas, foros, debates ou actos varios propios deste governo de propaganda.

A espera media para operarse en Galicia subiu a 80,4 días nos centros hospitalarios da rede do Servizo Galego de Saúde ao peche de setembro, o que supón tres días máis que ao termo do terceiro trimestre de 2012, no que a demora se situabase en 77 días de media.


   Así o reflicten os datos publicados este venres polo Sergas en relación ao balance de actividade asistencial nos centros do Sergas a 30 de setembro. En total, contando con Povisa, 37.961 persoas esperan por unha operación unha media de 98,9 días, a mesma que a 30 de setembro de 2012.

   Deles, 1.034 pacientes esperan máis dun ano; 3.962, entre seis e 12 meses; 11.514, entre tres e seis meses; e 21.451 persoas, menos de tres meses. Sen ter en conta a Povisa, cunha demora media de 80,4 días, agardan por unha intervención en hospitais do Sergas 32.493 persoas, de elas 21 fano máis dun ano; 2.273 entre seis e doce meses; 10.273 entre tres e seis; e 19.926 menos de tres meses.

Os datos positivos son?:

O Sergas garante o compromiso de atender as prioridades máis graves (prioridade 1) por debaixo dos 30 días, e as patoloxías graves (prioridade 2) arredor dos 60 días
O tempo medio de espera en pacientes de prioridade 1, a 30 de setembro, sitúase en 18 días, e prioridade 2 en 61,9, nos centros do Sergas
O tempo medio de espera para as primeiras consultas de enfermidade sitúase en 53,3 días; 5,1 días menos que no ano anterior
Os hospitais do Sergas realizaron 4.016 intervencións máis que no mesmo período do ano anterior e 6.442 máis que nos nove primeiros meses de 2011
Continúa a aumentar a realización de cirurxías nos centros de saúde, cun 6,13% máis respecto do mesmo período do ano pasado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.