Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de octubre de 2013

PROSEGUE O MALTRATO ANIMAL NO SALNÉS




Durante a mañá deste mércores 9 de outubro, o Centro de Recollida de Animais Abandonados de Armenteira (CAAN), recibía unha chamada do Concello de Ribadumia para recoller un animal en Barrantes. Segundo informaban dende ese concello, o can abandonado presentaba síntomas de posible envelenamento.
Un dos operarios do CAAN desprazouse de forma urxente ao lugar indicado pero encontrouse o animal morto á súa chegada. Tras revisar o seu estado comprobou que mostraba evidentes signos de envelenamento e de sufrimento antes de falecer.

Dende o CAAN alertan de que se se encontra ao autor deste acto se fai unha falta administrativa grave á Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia, o uso non autorizado de velenos no medio natural está tipificado como delito no Código Penal. Neste sentido, dende o Centro de Recollida trasladouse a notificación da morte ao Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas.
Dende este centro en Armenteira, recórdase que ademais do tratamento de animais abandonados, se realizan labores de denuncia de todas aquelas posibles faltas ou infraccións ás normativas de protección animal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.