Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de octubre de 2013
ALGUÉN TEN QUE MOBILIZARSE PARA MELLORAR O COLEXIO MAGARIÑOS
Fai uns dias chegábanos un mail dun pai do Colexio Magariños. este pai queixábase que nunha reunión dos profesores cos pais, saíra o tema do abandono que sufre o colexio por parte das autoridades locais e autonómicas.
O tema é ben coñecido por todos. Pero facía fincapé que nesa reunión as profesoras propoñían que foran os pais a queixarse a o Concello, máis ou menos. Este pai non saía do seu asombro a tal oir. Considera que quen ten que mobilizar a os pais son o propio Claustro de profesores, o Consello Escolar e a Anpa. Son eles quen deben canalizar as protestas. O profesores tamén sufren o mal estado do colexio. Pois, considera este pai que os pais por libre non van conseguir nada. No seu escrito decía que envexaba a outros povos ou mesmo parroquias do noso Concello no que a unión entre mestre e pais era perfecta. Recordaba os casos das unitarias ou da Illa de Arousa.
Nunha conversa posterior a o mail decía que a Anpa aínda non se reunira cos pais e que os escritos que envían a o Concello están ben pero non sirven para nada. Comentábame que estaba disposto a sondear a os pais para facer algo máis sonoro como protestas diante do Concello ou as portas do colexio ou incluso non mandar a os nenos as clases. De momento vai agardar a o que fai a Anpa. Pero plantéxase chegar a mobilizacións chegado o caso.
Dende CORES DE CAMBADOS chamamos a unidade de pais, mestres e Anpa para que dunha vex se poida arranxar algo neste colexio. A unión e esencial nestes casos nos que se xoga coa educación e co benestar dos nosos fillos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.