Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de septiembre de 2013

LOUZÁN VOLVE A IGNORAR A UN ALCALDE QUE NON É DO PP






Louzán volve a prometer a un representante da oposición dun povo en vez de facelo directamente co Alcalde. Neste caso na Illa de Arousa que conta cun Alcalde do PSOE e o opositor e do PP. Todo esto que  será positivo para os veciños non deixa de ser extrano. Non imaxino a Louzán promentendo a alguén do PSOE ou BNG ou outro partido diferente a o PP algo nun Concello governado polo PP.


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o voceiro do PP na Illa de Arousa, Juan José González Vázquez, coincidiron hoxe na "imperiosa necesidade" de dotar o municipio de novas instalacións para os piragüistas, que permitan á vez practicar outros deportes náuticos.
Nunha xuntanza, na que o voceiro popular lle presentou a Rafael Louzán a proposta presentada polos populares no Pleno municipal para a construción dun centro de deportes náuticos coa colaboración do Concello e a Deputación, o presidente do organismo provincial reiterou o compromiso que desde sempre mantén coa Illa e amosou a súa "plena disposición" para buscar fórmulas de cooperación co Concello e sacar adiante unhas instalacións que considera moi necesarias.

Compromiso co deporte e coa Illa
Rafael Louzán trasladoulle a Juan José González o seu interese en desprazarse ata A Illa para abordar, co rexedor local e con outros axentes implicados, a situación actual do Club de Piragüismo e as posibilidades de dotalo de novas instalacións, buscando ó mesmo tempo que este novo centro poida acoller outros deportes náuticos e logrando un mellor aproveitamento deportivo da franxa costeira e do mar.

É unha iniciativa que o PP da Illa considera fundamental, e así a defendeu o seu voceiro ante o presidente da Deputación, no que atopou unha "firme vontade" de buscar solucións.

González Vázquez e Rafael Louzán, no seu compromiso co deporte base local, coincidiron en sinalar como unha "necesidade" dotar A Illa dun novo Club de Piragüismo, xa que o que existe na actualidade presenta múltiples deficiencias: barreiras arquitectónicas que fan que as instalacións non sexan accesibles para as persoas con discapacidade; a mala situación e a escaseza de espazo dos vestiarios; a falta de conexión dos aseos coa rede de saneamento; as filtracións de auga no ximnasio; as humidades, que están a deteriorar a maquinaria; un hangar insuficiente, que obriga a deixar as piraguas nun contedor no exterior do edificio; ou a ausencia doutras instalacións básicas coma sala de reunións, almacén de complementos, taller de reparación ou unha oficina ampla.

Terreos adecuados con todos os permisos
Por todo iso, tendo en conta ademais o gran número de persoas que utiliza estas instalacións, Louzán comprometeuse a estudar unha solución para crear un novo centro.
Neste sentido, sería imprescindible que o concello puxese á disposición da Administración provincial os terreos necesarios, con todos os permisos e autorizacións para a construción do novo edificio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.