Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2013

LOUZÁN O DESPILFARRADOR II





María Ramallo alcaldesa de Marín do PP


Seguimos dando conta da teima de Louzán en gastar cartos nestas épocas en campos de fútbol. 
San Amaro (Aldán)
Sabemos das queixas dos veciños de Marín sobre o tema. Sabemos que agora se fai este campo de futbol para contrarrestar estas queixas sobre o abandono que sufre Marín en favor de Cangas e outras poboacións do Morrazo, que con menos habitantes contan con moitos máis campos e mellores que Marín. E todo esto ven porque nas boas épocas non pasaba nada e facíanse campos de futbol en calquer lugar que o solicitase.



Chan de Piñeiro (Marín)
 A Deputación de Pontevedra aprobou un convenio de colaboración co Concello de Marín; a Comunidade de Montes de San Tomé, que preside Daniel Rosales; e a Agrupación Deportiva San Tomé, que dirixe José Cidrás, para construír un campo de fútbol de herba sintética na localidade.

Campo de san Xulián (Marín)
O importe da actuación será de 675.992 €. A Deputación achegará o 75% do importe total (506.994 €) e o Concello o 25% restante (168.998 €).
Pola súa banda, a Comunidade de Montes comprométese a poñer a disposición das institucións os terreos precisos para a obra e á AD San Tomé obrígaselle a permitir o uso do campo á Deputación, se así o considerase esta, por un período de 5 días ó ano.
A obra implicará a instalación de herba sintética no terreo de xogo, a colocación de iluminación, bancadas, vestiarios, marcadores e demais elementos precisos para a práctica do deporte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.