O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, pasará dúas semanas do mes de agosto nunha casa rural de Ribadumia. O dato xa figuraba nos rumores dos veciños do municipio dende hai semanas, pero varios deles confirmaron este luns a situación concreta da vivenda. Trátase dun aloxamento rural situado no lugar de Bouza, na parroquia de Besomaño.
O máximo mandatario e a súa familia poderán gozar de vistas á Ría de Arousa e, ademais, gozar dunha estanza tranquila nun xardín de 3.200 metros cadrados con piscina e hórreo, e no que viven gansas.
A vivenda, que se encontra en aluguer como 'A Casa de Alicia', ten capacidade do aloxamento para ata seis persoas, ao contar con tres cuartos dobres con baño individual e televisión, ademais de bañeira de hidromasaje e un salón de grandes dimensións con cheminea.
Rajoy decantouse este verán por veranear en Ribadumia en lugar de utilizar o piso que posúe en primeira liña da praia de Silgar para extemar a súa intimidade e garantir as circunstacias de seguridade da súa familia e del mesmo, pois xa había colectivos, como os afectados polas preferentes, que anunciaran protestas durante as súas vacacións.
Segundo transcendeu, tería sido o ámbito de Rajoy en Pontevedra e O Salnés quen lle axudou a buscar o aloxamento, se ben foi nas últimas semanas cando se tomou a decisión de elixir esta casa. Antes, visitaron Ribadumia persoal de seguridade de Moncloa e axentes da Garda Civil que se encargarán da súa seguridade durante a estanza pontevedresa. Baralláronse tamén outras situacións como o Pazo Carrasqueira.
Está previsto que os 15 días de estanza do presidente en Ribadumia comecen despois do Consello de Ministros do 2 de agosto e se prolonguen ata o tradicional despacho estival co Rei Juan Carlos. A terceira semana de vacacións pasaraa, previsiblemente, en Doñana.
Fonte:Pontevedra Viva
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.