Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2013

PRESENTADA A ASOCIACION FRANCISCO ASOREY







Fai 52 años, un 2 de xullo finaba o escultor Francisco Asorey en Compostela debido a enfermidade da silicose, os  seus herdeiros e o Concello de Cambados aproveitaron a ocasión para presentar a asociación de protección e divulgación da súa obra.
Coa  presenza do conselleiro de Cultura Xesús Vázquez, o alcalde Luís Aragunde e José Manuel e Carmen Asorey que estiveron arroupados por máis de medio centenar de veciños e representantes dos partidos da oposición Víctor Caamaño (BNG) e Fátima Abal (PSOE) e entidades sociais e culturais deu comezo o acto de presentación da Asociación Francisco Asorey.  
A nova entidade traballa xa coa mente posta na celebración do 125 aniversario da seu nacemento que se celebrará en 2014, e pretende organizar unha gran exposición que xa seguro reunirá obras inéditas tales como un Cristo creado polo escultor en 1950 para  seu  estudo de traballo, e un bocexo de Santiago Apóstolo en escaiola como o do Altar Maior da Catedral e que fora encargado por o Centro Gallego de Montevideo  polos anos 50 e que onte se mostraron ao público. O prolífico escultor  xa en 1942  recoñecía nunha entrevista á prensa  ter creado máis de 1.500 pezas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.