Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de febrero de 2013

100 ANOS NON SE CUMPREN TODOS OS DÍAS




O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, presentou o programa de actos do Centenario da fusión de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía.


Exposicións, eventos deportivos, concertos e publicacións conforman o programa deseñado para celebrar o centenario da fusión de Carril, Vilagarcía e Vilaxoán. Unha programación que arranca xa o vindeiro 1 de marzo, o día propio no que se cumpren cen anos da unión, no que haberá un acto institucional no Concello coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
 
O alcalde Tomás Fole insistiu en que se trata dun programa no que queren implicar a toda a cidadanía e facer ver que a unión foi positiva, que nestes cen anos os tres pobos avanzaron xuntos mantendo a súa idiosincrasia e convertendo a Vilagarcía de Arousa na oitava cidade de Galicia.
 
Con motivo destes cen anos creouse unha marca propia que simboliza a unión das tres vilas por unha liña de costa. E tamén se fará unha escultura con esa imaxe. O Concello creou un comité de honra presidido polo Rei e no que tamén forman parte os presidentes do goberno central e autonómico, da Deputación de Pontevedra, e os patróns maiores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.