Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2013

MOVEMENTOS NO CLUB JUVENTUD DE CAMBADOS






Dende principios de tempada e tras varias reunións da directiva e adestradores cos pais e tutores dos rapaces da base plantexouse a idea de separar o fútbol base do equipo sénior. O tema foise pospoñendo ata que definitivamente o Club Juventud de Cambados divideu o seu organigrama.

Por motivos laborais do presidente do clube,e dada a cortedade de membros na sua xunta directiva, Sergio González “Millán” non pode atender a todas as categorías do clube dividindo o traballo en fútbol de base, dende prebenxamíns ata os xuvenís, e fútbol “grande” donde estaría o equipo sénior.
O equipo de adestradores está conformado por: Mara (Popi) cos xuvenís, Edu Charlín e Bobi (cadetes) Fran(Deco) ex do primeiro equipo (infantís), Rubén “Pénjamo” e Jhon (alevíns), Gabri, Neno, e Beni (benxamíns) e Juancar (prebenxamíns).

Así os adestradores faranse cargo da base. Todos traballarán para conseguir que a base teña todo o necesario para adestrar e poder conquerir uns mellores resultados deportivos, aínda que eso é algo secundario, o importante será o aprendizaxe e o amor a este deporte.
Os primeiros movementos dos adestradores foi convencer a varias casas comerciais para que apostaran polo fútbol cambadés. Coa axuda destas empresas os rapaces disporán de mellor material para adestrar, e máis equipación a fin de conseguir a uniformidade que tanto se envexa doutros clubes.

Estos dias sairán unhas rifas co as que se sortearán varios premios, unha cea no restaurante Yayo Daporta, cestas e diferentes agasallos e que serán vendidas polos rapaces a o precio de un euro. Tamén o clube ten prevista unha cea para celebrar os 50 anos do clube co seu nome actual, pero desto iremos informando no seu momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.