Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2013

¡INSÓLITO! RECORD DE AFILIACIONS A O PP






Leemos estos dias na prensa e nos blogs que Rafael Louzán obtará a reelección coma presidente do Partido Popular de Pontevedra. Leemos tamén que secretaria xeral ven de dar os datos de afiliados do PP pontevedrés e no que se reflexan uns datos bastante contradictorios coa actualidade que vivimos.
O PP de Pontevedra bateu o record de afiliacións pese ao "descrédito político" e a situación económica.


Así o asegurou a secretaria xeral do PP de Pontevedra, Begoña Estévez, que resaltou que non só "non se produciron baixas", senón que acadaron as 34.000 afiliacións, co que bateron o seu récord.

Desta forma, convértese así na provincia galega con máis afiliados e sitúase entre as 10 provincias españolas cunha masa social máis numerosa no seo do PP. "Un dos obxectivos é seguir aumentando o número de afiliados e estar máis preto da xente", engadiu Begoña Estévez.

Dende logo é paradóxico que no momento actual o partido que leva a España a encabezar as estadísticas negativas en varios aspectos e que perde segundo as enquisas case un 20% do apoio electoral en menos de ano e medio, sume adeptos a sua causa.

Non queremos pensar mal, pero dado que para moita xente atopar traballo é algo case que imposible e sabendo como funcionan certas Deputacións e Concellos governados polos “populares” en materia laboral, cecáis moitos pensen que o verdadeiro INEM ou SGC non se atope nas oficinas destas entidades senón nas sedes do PP.

Confío en que a xente se afilie a o PP porque crea no proxecto e non coma unha saída laboral, por moi importante que sexa levarlle un anaco de pan a os seus. A dignidade vale moito máis coma para baixar os pantalóns en algo no que non se cre.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.