Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de febrero de 2013

DOUS INCENDIOS EN VIVENDAS DO SALNES EN DOUS DIAS







Efectivos do Servizo de Emerxencias e a Policía Local de Sanxenxo despregáronse arredor das 13.00 horas deste martes para sufocar un incendio nunha vivenda unifamiliar.
Segundo informou Emerxencias de Sanxenxo, tratouse dun incendio urbano iniciado nunha vivenda unifamiliar no lugar de Gondar.
A mesma fonte indicou que se desprazaron policías e bombeiros e que non houbo que lamentar feridos.
E hoxe en Vilagarcía unha muller de 83 anos tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Povisa de Vigo cun pronóstico de quemaduras graves tras sufrir unha explosición na súa propia vivenda en Vilagarcía. Unha segunda pesona, un mozo de 29 anos, tivo que ser ingresado na Unidade de Urxencias do Hospital do Salnés por intoxicación por inhalación de fume.
A explosión produciuse sobre as 10.40 horas de hoxe xoves nun piso ubicado no terceiro andar do edificio número 9 dapraza de Ravella, xusto en fronte da Casa Consistorial de Vilagarcía.
Os veciños sentiron unha forte explosión e trasladáronse ao lugar os Bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia, as policías Local e Nacional, Protección Civil e os servizos médicos do 061.
A explosión rompeu os cristais e as fiestras do piso e enviou ao exterior unha forte chama de fume. Ademais, cairon cascotes aos coches estacionados na rúa. A octogenaria ferida atopábase no interior da vivenda e non puido abrir a porta de seguridade que a pecha, de forma que os bombeiros tardaron varios minutos en poder acceder á vivenda.
Unha vez dentro, rescataron a M.L.R., de 83 anos. A muller sufría fortes quemaduras en distintas partes do corpo polas que xa foi derivada directamente nunha ambulancia á Unidade de Queimados de Povisa, onde tamén será atendida dunha intoxicación por inhalación de fume.
Ademais, I.P.R., de 29 anos, trasladouse ao Hospital do Salnés. Entrou consciente e orientado, pero presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume. No propio lugar dos feitos, unha ambulancia atendeu á muller de 93 anos E.B.B., pero recibiu o alta no mesmo punto.
As seis plantas do edificio tiveron que ser desaloxadas e a rúa cortada.  Os bombeiros tardaron máis de tres horas en dar por controlada a situación.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.