Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de septiembre de 2012

VOLTA AS CLASES EN SECUNDARIA




Case 30.000 estudantes, 17.544 de ESO, 5.687 de bacharelato e formación profesional iniciaron esta mañá o curso escolar nos centros educativos da provincia de Pontevedra.
Un regreso ás aulas que, malia que arrancou con normalidade, segundo informaron desde a Delegación Territorial da Xunta, está marcado polos recortes. Nos catro institutos de Vilagarcía, as súas plantillas veranse reducidas en once docentes con respecto ó ano pasado o que lles aboca a axustalos horarios de xeito que a oferta educativa non se resinta.

No Castro Alobre, o único que experimentou un aumento de escolares, perdeu tres profesores, ó igual que o curso pasado, o que supón seis menos en dous anos. No instituto de Carril a plantilla tamén se reduce en tres, mentres que no Bouza Brey en un e no Contarelo Valledor, onde este ano se matricularon 836 alumnos, en catro.

Malia todo, coma sempre e coma se puido comprobar nos Institutos do Salnés   os rapaces iniciaron o curso entre nervios e gañas por ver de novo ós compañeiros. Outros, pola contra, o inician con resignación por ter que volver a madrugar, facer deberes e estudar.

Pola súa banda, aínda que para eles, os pais, tamén é un inicio de curso difícil, por ter que facer fronte ós custos da volta ó colexio, a emoción e a ilusión non a perden.
Hoxe, amais destes alumnos, tamén inician o curso os estudantes do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, onde se produciu un descenso dun 8’5% no número de matriculas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.