Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2012

PARABÉNS A O I.E.S. ASOREY POLO EXITO NAS P.A.A.U





A dirección do Instituto Francisco Asorey de Cambados recibeu estes dias a felicitación por parte de Inspección Educativa polos resultados obtidos polos seus alumnos nas Probas de Acceso a Universidade (PAAU) no mes de xuño.
Os 26 alumnos presentados acadaron o aprobado nestas probas.

 A esto temos que sumarlle que unha das suas alumnas logrou a matrícula de honra no Bacharelato e uns excelentes resultados nos Premios extraordinarios.
A nota media dos alumnos presentados foi de 6,719, situándose no “posto quince de 282 centros presentados as probas en toda a Comunidade”.

A diferenza entre as medias do Bacharelato e da fase xeral das probas foi “de tan so 0,54, unha das máis baixas de todos os centros que concurriron” as devanditas probas.Dato que resalta a calidade da educación do centro cambadés.

Todo esto certifica que os alumnos foron ben preparados as probas onde o cento por cento aprobou.
Os mestres do centro expresaron a sua ledicia a satisfacción por tan boa nova.

PARABÉNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.