Con motivo da Décima edición da Concentración de Clásicos do Salnés o Clube de igual nome prepara duas xornadas de festa para os apasionados dos coches clásicos para os dias 8 e 9 de setembro. Unha oportunidade para que os amantes destas belezas de catro rodas se coñezan máis e intercambien experiencias e anécdotas.
O sábado 8 de Setembro PONTEVEDRA-SALNÉS
As 15:30h. Ábrese o parque pechado en Pontevedra i escomezar a entregar as acreditacións e a documentación ata unha hora máis tarde.
Sobre as 16:45h. Sairá o primeiro dos participantes para facer o Camiño Santo. Teñen previsto chegar a o punto intermedio as 18:30h. onde degustarán un viño albariño.
A chegada a o final do Camiño na praia do Terrón en Vilanova está prevista cara as 20:30h. Para despois dirixirse a o Hotel Restaurante San Marcos a cear. Durante a cea farase a entrega de premios.
Xa o domingo 9 de setembro terá lugar a X Concentración do Albariño de Clásicos. Entre as 9:00h. e as 11:00h. Na Praza de Fefiñáns Parque cerrado onde poderemos admirar os clásicos que se reunirán para a ocasión. Media hora máis tarde empezarán o paseo por Cambados, Vilanova e Vilagarcía e as 12:30h. Teñen prevista a chegada a Pazo Baión para facer unha visita guiada e posterior degustación dos viños de esa Bodega. A o remate trasladaránse a Cambados para o aperitivo e comida no restaurante Forniños de Corbillón. O menú constará de mariscos da Ria de Arousa e bo albariño “como todos os anos”.
Cerca das 18:00h. visitarán o Centro Cultural de “O Sixto” en Vilagarcía onde volverán a ter outradegustación dos productos da nosa terra e mar trala que se fará a entrega de premios e remate da Concentración.
Máis información en clubclasicossalnes@gmail.com ou no Tfno:666143144
ou na web www.clubclasicosalnes.com

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.