Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2012

SO MEDIO MILLEIRO DE FAMILIAS RECUPEROU OS CARTOS DAS PREFERENTES






O número de familias con participacións preferentes ou obrigas subordinadas de Novagalicia Banco que recuperaron o seu diñeiro mediante a arbitraxe do Instituto Galego de Consumo ascende a case 500, segundo os datos que achega a Consellería de Economía e Industria.

Ata este xoves, apunta o departamento, Consumo celebrou 863 vistas e todos os laudos emitidos polo momento foron positivos para o reclamante. Tamén destaca Economía e Industria que, dende o martes, son 23 os árbitros do instituto dedicados a este labor , oito máis, "para achegar maior axilidade ao proceso e levar a cabo o maior número posible de vistas cada día".

A consellería reivindica así que "o traballo que está a realizar o Instituto Galego de Consumo, o primeiro de España na celebración de arbitraxes nos últimos anos, se viu reforzado" dende que se autorizou a arbitraxe e arrancou o mecanismo para a celebración de vistas".


Ademais, indica que o instituto está a facilitar información ás oficinas de Consumo sobre as distintas vías abertas para a reclamación dos afectados polas preferentes.

"De feito, ademais de xestionar as solicitudes de arbitraxe, que alcanzan as 14.000, o IGC enviou máis de 2.000 solicitudes á Fiscalía  coas que artellou a demanda conxunta, e recollido e enviado á Comisión Nacional do Mercado de Valores 11.800 reclamacións", conclúe. 

Nestes datos non se contan a os novos afectados tras o Decreto do Governo Rajoy do venres pasado no que para paliar perdas as entidades financieiras víronse obrigados a tocar productos non "tóxicos" nunha especie de novas preferentes. Eso si, nestes novos casos son as entidades quenes axudan a os clientes nas reclamacións. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.