Que malos somos.
Dende logo moito nos gusta criticar as decisións dos políticos sen apenas saber as ventaxes desas decisións.
Moitos non entendemos as razóns que levan a Rajoy e compañía a instaurar o medicamentazo ou copago farmaceutico. Pois ben en Galiza vanse facer quince novos Centros de Saude e procederase a ampliación do Hospital do Salnés grazas a os cartos que a Xunta vai recaudar co mencionado medicamentazo. Ben sabido é que como os galegos pagamos poucos impostos non se daban recadados os cartos suficientes para levar a cabo esas obras. Polo tanto penso que é unha boa medida a do copago.
Dados estos casos e si os dous teñen que pagar ao meu amigo non lle queda máis remedio que facer trampas, pasar os seus fillos para o seu seguro para non ter que pagar nada polos medicamentos para os seus cativos.
Coa subida do IBI as nosas vivendas teán máis valor e se decidimos vendela terán que pagarnos máis por ella, se hai alguén que a compre, cousa que dubido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.