Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2012

NOVAS ACTOS DE S.O.S. SANIDASE PÚBLICA



 Hoxe luns día 2 de Xullo diversas Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública integradas en SOS Sanidade Pública, convocan actos de repulsa aos copagos e recortes do sistema sanitario impulsados polo Goberno a través do Real Decreto Lei 16/2012, que ironicamente se di destinado a garantir a sustentabilidade e a calidade do sistema.

As accións previstas teñen diferentes formatos que van desde a concentracións ante os centros sanitarios do SERGAS á repartición de folletos informativos da súa repercusión sobre os cidadáns, especialmente os pensionistas e os máis enfermos ou discapacitados.
.
A Plataforma SOS Sanidade Pública considera a entrada en vigor destas medidas como o inicio dunha contrarreforma privatizadora que pretende restrinxir a atención sanitaria a un conxunto limitado de prestacións sanitarias para favorecer seguros privados complementarios; o pago polos pensionistas de medicamentos; o aumento dos pagos de por receitas os demais cidadáns con problemas de saúde; a exclusión do financiamento de medicamentos de amplo uso; o pago de servizos de ambulancias non urxentes, alimentos espaciais; ou a exclusión do dereito ao atención a persoas inmigrantes explotadas na economía mergullada.

Esta mobilización é o inicio dunha longa batalla para que o goberno de Rajoy retire as medidas que acaban coa universalidade, o libre acceso aos recurso e o carácter redistributivo do noso sistema sanitario, que a pesar de ser un dos máis baratos de Europa gozaba dun gran prestixio internacional

SOS esixirá ao novo goberno que salga das próximas eleccións autonómicas en Galicia que anule a aplicación do RD 16/2012 como o fixo, ata agora, o Goberno do Pais Vasco.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.