Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de julio de 2012

PRESENTACION DA FESTA DO ALBARIÑO 2012







O venres pasado foi presentada no Concello de Cambados a 60 edición da Festa do Viño Albariño, a máis importante festa gastronómica de Galicia.
Luis Aragunde foi desgranando polo miúdo as actuación que cada dia ían pasar pola emblemática Praza de Fefiñáns.


O Sr. Alcalde facendo todo un alarde de hipocresía dixo que os Corizonas, grupo que inaugurará as actuacións o martes 31de xullo, era unha demanda do sector xuvenil. Paréceme que o grupo que se pedía nas redes sociais non era precisamente este, a non ser que sexa unha petición dos seus cachorros (Novas Xeracións ou Retranca), creo que a petición da xuventude ía noutra dirección máis concretamente hacia Os Heredeiros. Pero aos que asesoran ao Alcalde non deberon percibilo así.


O mércores dia 1 de agosto tócalle o turno a Julio Iglesias, o máis famoso Cabaleiro do Albariño. Algún dia sabremos o custo desta actuación?. O caché do artista non baixa de 200.000€ máis toda a infraestructura que conleva(montaxe, seguridade, transporte etc) a cousa anda por 300.000€. A promotora non creo que non queira gañar cartos, polo tanto quedan moitas incognitas por despexar. Recordámoslle a o sr. Alcalde que as "miles" de prazas hoteleiras en Cambados sempre son ocupadas durante a festa, que non diga que este ano é porque ven Julio Iglesias.


Pero o “noso” Alcalde dixo que “quería estar na Festa (Julio Iglesias), e vai a actuar sen ningún custo para o Concello, por iso hai entradas”. Haberá que recordarlle que todos os concertos da xira deste ano de J. Iglesias son de pago e algúns incluso máis caros.




O xoves tócalle o turno a ex-triunfita Soraya, La Guardia con un só éxito para o gran público e o veterano Manolo Escobar.
O venres é o turno de Macaco e o sábado Xoel López.
O domingo o turno é para os máis pequenos que poderán presenciar o espectáculo El Libro de los Cuentos.


Pero aparte das actuacións, este ano volverá o Túnel do Viño, e a gran novidade: a inauguración da estatua máis polémica. Non quixo dar a data concreta, estará agardando a recaudar “entre o sector do viño” os cartos para pagala obra. Supón o sector do viño que o PP governará Cambados toda a vida? Cando o Governo local mude de mans e queira quitar a escultura non lle pesará “o sector do viño” o feito de tirar 15.000€?. Que busquen por Rubiáns onde está outra escultura mítica do noso povo, pois algún dia pode acabar por alí a de Manuel Fraga, nun recuncho..... esquecida.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.