Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de julio de 2012

DAMAS E CABALEIROS DO ALBARIÑO 2012






Durante o acto de presentación da Festa do Viño Albariño o pasado venres tamén se diron a conocer os novos Cabaleiros e Damas do Capítulo Serenísimo do Albariño.


Este ano a actriz galega Ana Turpin e a Conselleira de Traballo e benestar, Beatriz Mato serán as Damas. Os méritos contraídos pola actriz non os sabemos pero os da Conselleira son o de ser cómplice de Feijoó no Governo da Xunta, o de non acabar co paro en 45 dias como prometeran incluso aumentalo e de tirar pola borda a Lei de Dependencia.
Tamén se usa o enchufe para ser Cabaleiro ou Dama




En canto a os Cabaleiros, o escultor cambadés Manolo Paz con méritos sobrados, o exciclista Abraham Olano por traer a Vuelta a España a Cambados, José Masaveu Herrero do Grupo Masaveu, Rafael Ansón presidente da Academia Española de Gastronomía, Ramón Huidobro secretario do C.R.D.O. Rias Baixas e outro cómplice de Feijoó o Conselleiro de Cultura i Educación, Jesús Váquez Abad.


Este acto será presidido por Núñez Feijoó, cousa que non puido facer o seu antecesor no cargo, Pérez Touriño por non ser do PP, a pesares do que diga o Alcalde esto é así. Hai que recordarlle que Fraga non asisteu a todas as edicións da Festa aínda estando ben de saude, e porque Touriño non puidera asistir unha vez criticóuselle e por iso rexeitou vir o resto dos anos de mandato entre outras cousas.


Tamén serán distinguidos oito persoas máis coas Follas de Prata, dous Albariñenses de Honra e tres Xóvenes Albariñenses.A presentación do acto correrá a cargo de Paloma Lago. 


Durante a festa haberá o xa tradicional acto de Hermanamiento do Capítulo Serenísimo do Albariño coa Cofradía del Vino Ribera de Duero (Valladolid).
Temos que correxirlle unha vez máis a Luis Aragunde que a Festa do Albariño ten unhas data concretas e que non queira meter coma Festa do Albariño o resto de festexos na honra de Santos e Santas varias. 




Tódolos anos véndeselle a os turistas, a os de aquí non, que o Albariño dura dende San Cristobal ata o Pilar e non é así. Se alguén ten dudas pode mirar na páxina do Concello, en riguroso castelán por certo. Si quere pode chamarlle a todo Festas do Verán ou Verán de/en Cambados, sería o máis axeitado. O Albariño ten unhas datas determinadas, o resto son festas en honor a un santo ou unha santa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.