Dias atrás dende este blog queixábamonos do mal gasto de auga que se facía no parque de Torrado. Pois ben onte poidemos comprobar que a pesares de todo o despilfarro sigue e desta vez en proporcións maiúsculas.
O parque de Torrado foi onte escenario de como lle importa ben pouco a o noso Concello que se tiren centos de litros de auga co único propósito de de recaudar cartos por parte de unha asocición “allea” ao Concello.
A Asociación Cultural e Xuvenil Retranca organizou onte o chamado Aquaplay, consistente en varios xogos coma un deslizador acuático unha piscina e unhas bolas xigantes onde se metían os críos e xogaban dentro de outra piscina.
Pois ben a xornada empezou sobre as 4 e media da tarde e rematou cerca das 9 da noite e durante todo ese tempo duas mangueira como as da foto do marxe non deixaron de verter auga cara as canaletas. Non calculamos a auga que foi polos sumideiros durante preto de 5 horas pero malgastar calquer cousa nos tempos que corren parece un insulto a os cidadáns aos que selles esixe que non malgasten auga.Coma sempre as normas non van con eles. As autoridades pídennos esforzos, pero eles pasan de todo, e o que é peor "pasan do povo".
Non estamos en contra de toda actividade lúdico-festiva para os nosos rapaces pero sí estamos en contra do despilfarro a conta dos petos dos veciños.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.