Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2012

MANIFESTO CONXUNTO DOS SINDICATOS E CIDADES ONDE HABERÁ MANIFESTACIÓNS



QUEREN ARRUINAR O PAÍS HAI QUE 19 XULLO, Á RÚA IMPEDILO SOMOS MÁIS.

QUEREN ARRUINAR O PAÍS

O novo plan de recortes anunciado por Rajoy no Congreso non vai quedar sen resposta e advertimos que o Goberno está xogando con lume.
Son unha agresión ás persoas en paro, aos empregados públicos, á economía e á democracia.
O novo plan de recortes presentado polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, no Congreso
dos Deputados, constitúe a xuízo de CCOO e UGT unha agresión sen precedentes, non xa aos
dereitos de traballadores, persoas en paro e empregados públicos, senón aos fundamentos
que fi xeron posible a Constitución, e á propia democracia, unha agresión de consecuencias,
laborais, sociais, económicas e políticas que terá unha resposta sindical inmediata. Parece
evidente que estas son as condicións do rescate fi nanceiro? que impón a UE, un rescate,
por certo, que o presidente non explicou. (Un apunte non menor: Mariano Rajoy non perdeu
o sorriso cando concretaba os recortes a parados, empregados públicos ou pensionistas,
mentres os deputados do PP aplaudían eufóricos desde os seus escanos).

Non imos detallar aquí a relación de agresións dirixidas a traballadores, persoas en paro, empregadas
e empregados públicos, partidos, sindicatos, concellos ou comunidades autónomas; pero o camiño
elixido é o da confrontación sen límites, o da demolición do Estado e das políticas públicas, en
tanto que institucións encargadas de redistribuír a riqueza entre a cidadanía, sobre todo entre a
máis desfavorecida -rebaixa un punto as cotizacións sociais-, todo iso aderezado dunha intolerable
linguaxe de xustifi cación dos recortes –“a miña principal prioridade son os millóns de persoas en
paro”- que nos achega perigosamente a discursos corporativos cheos de xestos autoritarios e baleiros
de democracia, advertimos UGT e CCOO. Unha espiral de recortes e agresións que presentou un
día despois de reunirse cos principais empresarios e banqueiros do país, e tras rescates millonarios
ás entidades fi nanceiras.

O Goberno volve cargar contra os empregados públicos -aos que criminaliza tras eliminar a súa
paga extra de Nadal-; persoas en paro ás que recortan prestacións xusto cando máis as necesitan,
o que pode supor maiores bolsas de pobreza e exclusión social; aos pensionistas para os que
garda inminentes recortes que levará ao Pacto de Toledo; e novos ataques á dependencia. A
combinación destes recortes coa subida do IVE poñen en risco a evolución do consumo e propia reactivación da economía.

Aínda por riba, o presidente do Goberno confi rma o desmantelamento das empresas públicas, unha
nova revisión das tarifas enerxéticas, e anuncia axustes inmediatos no sistema público de pensións.
“As preguntas son inevitables: para que eliximos un Goberno que se saca da manga un
programa oculto e estafa así á cidadanía ? que nos vai a quedar do Estado social?.”

Chove sobre mollado. Desde o primeiro día, este Goberno non parou de decretar recortes, de
desprezar a negociación, o consenso e o diálogo social. Un diálogo social que foi unha ferramenta
moi valiosa para defender o Estado de benestar e o equilibrio das relacións laborais, e que agora
Rajoy volve desprezar. Gobernou a golpe de decreto o que deriva nunha crecente deterioración
das institucións democráticas. Estas medidas veñen sumarse a unha reforma laboral que
vulnera o acordo de negociación colectiva, recorta dereitos e facilita aínda máis o despedimento,
incrementando as cifras de paro. Di facelo para incentivar a actividade económica, a única capaz de
xerar emprego; pero esta segue estancada e a recesión máis forte que nunca. “Con estas medidas, a
economía agravarase e o paro rebasará a fi nais de 2012, os seis millóns”. UGT e CCOO convocan
aos traballadores e á cidadanía en xeral a saír á rúa o día 19 de xullo para mostrar o seu
rexeitamento ante as políticas do Partido Popular que están levando á ruína ao noso país.



RECORRIDOS MANIFESTACIÓNS
HORARIOS
19 de XULLO 2012

Comarca
Hora
Lugar
Coruña 20:00 Praza Palloza - Obelisco
Ferrol 20:30 Inferniño – Praza de Armas
Compostela 20:00 Alameda- Praterías
Lugo 20:00 Casa Sindical – Praza Armañá Subdelegación Goberno
Costa 20:30 Praza Mariña
Delegación Confederación Empresarios.
Ourense 20:00 Pavillón deportes Remedios-Subdelegación do Goberno
Pontevedra 20:30 Praza Ferrería -
Subdelegación Goberno
Vigo 20:30 Vía Norte cruzamento Urzaiz-Edificio Xunta Concepción Arenal

Arousa 21:00 Casa do Mar-Praza Ravella
Valdeorras 20:00 Hospital Comarcal-Praza José Otero






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.