Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2012

OS SINDICATOS UNENSE CONTRA OS RECORTES











As organizacións sindicais CIG, CCOO e UXT anunciaron hoxe a convocatoria conxunta dunha manifestación cidadá o vindeiro xoves, día 19, baixo a lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen", segundo un comunicado de prensa dos tres sindicatos.


As  mobilizacións conxuntas levaranse a cabo nas principais cidades e vilas da comunidade galega, aínda que os actos centrais, aos que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos serán na Coruña.

As organizacións consideran que todas as medidas están dirixidas a recortar "unha vez máis, dereitos, e a precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras as que paguen unha crise que non provocaron, mentres se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores".

Os tres sindicatos fixeron un chamamento á participación masiva da cidadanía galega contra as políticas "antisociais" promovidas polo PP.


Dende este blog e pulsando a opinión de outra xente queremos pedir a os sindicatos que organicen manifestacións en povos e vilas máis pequenos posto que moita xente por diferentes motivos no poden acudir cando se organizan en grandes cidades. Pensamos que, por exemplo se organiza unha manifestación en Vilagarcía e acuden 20 ou 30 persoas de cada concello de arredor. De facelas en Cambados, O Grove,  etc habería máis que esas 20 ou 30 en cada unha que sumando o total por exemplo da comarca, daría un maior número de asistentes.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.