A secretaria da confraría de Cambados non debe estar en moi bo momento de forma no seu traballo , xa que ultimamente e sabe deus porqué, dedicase a ocultar documentación de moita relevancia para a Confraría de Cambados e a nosa Agrupación do Marisqueo a Flote.
A gota que colma o vaso é, que fai uns tres meses recibeu a contestación da Conselleria de Pesca, sobre un señor que quería aproveitarse do traballo de todo-los rañeiros e traballar como si aquí non pasase nada, e na cal a secretaria da confraría, ten a obriga de notificalo a esta Agrupación e no seu caso ó Sr Presidente, xa que é a secretaria da confraría e non soamente é a secretaria do patrón maior, como esta señora ben sabe, a confraría somos todos os socios.
A nosa Directiva da Agrupación do Raño, xa coñecía esta faceta da secretaria e o día 28-06-12 fixo entrega de un escrito dirixido a secretaria da confraría de Cambados, no cal se lle recordaba que estaba ocultando documentación sobre o procedemento Ordinario Nº 235/2012, tramitado polo xudgado de primeira instancia de Cambados.
O presidente da Agrupación de Marisqueo a Flote de Cambados o Sr. Carlos Manuel Martínez González recibía unha carta certificada da Confraría de Cambados o día 10-07-12, na cal a nosa secretaria de algunha maneira disculpábase de que se lle notificase ó Presidente da Agrupación tres meses mais tarde a contestación a dicha resolución. Dende aquí pido que refexionedes un pouco e que vos preguntedes:
¿ é merecedora esta señora de ocupar o cargo de secretaria de esta Confraría?
Artigo publicado no blog Rañeir@s de Cambados

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.