Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
12 de julio de 2012
O J. CAMBADOS PREPARA A NOVA TEMPADA DO FUTBOL BASE
Este venres as nove da noite terá lugar no pavillón do Pombal unha reunión da directiva do Club Juventud de Cambados cos pais dos rapaces do fútbol base.
Esta reunión é continuación da mantida fai duas semáns na que se expuxo o estado de contas, a desestimación da firma do convenio co FC Porto e presentouse o proxecto para a vindeira tempada.
As contas teñen un pequeño déficit que será subsanado en canto se reciban varias partidas pendentes (publicidade e cuotas).
O convenio co equipo portugués non se levou a cabo polas esixencias económicas destes, que se disparaban demasiado da idea inicial do Cambados.
O proxecto deportivo de cara a tempada 2012-13 é o de seguir coa separación de fútbol base e primeiro equipo. Nesta próxima campaña a base estará dirixida polos entrenadores con un coordinador. Ademáis dos adestradores, o presidente ou algué en quen este delegue, máis, polo menos un pai ou nai representando a cada equipo comporán unha comisión económica. Deste xeito queren acabar dunha vez por todas cos típicos “disques” sobre a administración dos caros que tanto danan a imaxe de todos os estamentos do clube.
Na reunión haberá primeiro unha charla informativa e despois cada adestrador falará cos pais dos rapaces que conformarán, en principio cada equipo, a espera de novas incorporacións ou baixas.
Os adestradores xa están case que todos confirmados, a maioría continúa do ano pasado. Algúns trocan de categoría ou equipo pero a filosofía de traballo será a mesma, formar rapaces para o futuro co único obxectivo de competir, antepoñendo o aprendizaxe a os éxitos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.