Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de julio de 2012

O PSOE DENUNCIA IRREGULARIDADES DE GONZALO DURÁN






PSOE asegura que en Vilanova non se cumpre a constitución nin a lexislación vixente en canto as contratacións de emprego público municipal. Uns feitos que o Deputado socialista no parlamento, Modesto Pose ven de denunciar ante a Fiscalía de Pontevedra.




Os socialistas aseguran que o Alcalde era coñecedor destas irregularidades posto que el mesmo levantaba os reparos da intervención e secretaría municipal. Unha acción irregular que levaría cometendo desde fai anos, pero que os socialistas só poden demostrar desde o 2009 ata o 2012.

En total o PSOE denuncia a existencia de sesenta e un expedientes de adxudicación de traballo a dedo a persoas afíns á súa familia ou ó Partido Popular. Uns feitos polos que cren que Gonzalo Durán debería ser inhabilitado.

O Alcalde de Vilanova quixo agardar a ver o que se publicaba antes de responder a estas acusacións. Asegura que cala por non dar máis bombo a estes anuncios feitos polo que el considera “un cadáver político”.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.