Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2012

INAUGUROUSE ONTE A FESTA DA VIEIRA



No mediodía de onte inaugurouse en Cambados a Festa de Exaltación da Vieira; unha homenaxe a un dos productos máis típicos e representativos de Cambados, xunto co Albariño.
 Neste undécima edición púxose de manifesto a consolidación desta celebración grazas á excelencia dos productos do país. E é que este producto tan característico da Arousa ten unha fama mundialmente coñecida. Ó seu prezado sabor temos que incluír a esmerada organización dun sector do que viven directamente máis de duascentas familias da Arousa. Agora afondan na súa imaxe de marca e no proceso comercializador baixo a marca Porto de Cambados e o marchamo de calidade autonómico Pesca de Rías. 
 
A calidade deste producto non ten nada que ver co seu prezo: por só oito euros os comensais que se acheguen durante esta fin de semana ata esta carpa situada no Paseo da Calzada poderán degustar 2 vieiras na súa cuncha a 8 euros; ademáis  doutros pratos ben bos. 

 
Moitos hostaleiros locais tamén colaboran directamente ca festa argallando menús degustación a base de vieiras. Moitos turistas xa aproveitaron esta mediodía para probar a vieira da Arousa, moitos deles por primeira vez. Deste xeito, os turistas axudarán a pregoar as excelencias dos productos das Rías Baixas nos seus países de orixe. E é que, aínda que pareza mentira, hai quen aínda non probou a vieira, e o que é peor, non sabe o que se perde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.