Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2012

PROTESTAS NO GROVE POLAS PARTICIPACIONS PREFERENTES





Os afectados polas participacións preferentes volveron a concentrarse diante da sucursal de Novagalicia Banco no Grove. Dentro da rolda de protestas que están a facer por toda Galicia.
 
Non cesan no seu empeño. Ata que lles dean unha solución ou lle devolvan os seus cartos, aseguran que non pararán de protestar. Ataviados con pancartas e camisetas con mensaxes reivindicativas, portando bociñas e silbatos, medio centenar de clientes de Novagalicia Banco reuníronse ás portas da sucursal da entidade no centro de O Grove. De novo, volvemos a oír numerosos casos de presuntas estafas e enganos bancarios. 
 
Apoiando ós clientes de Novagalicia Banco, unha parella de Portonovo, afectados tamén polas participacións preferentes, pero neste caso no BBVA.
A Plataforma do Salnés de afectados  polas participación preferentes seguirán a manifestarse nos vindeiros días. Prometen dar moita guerra ante unhas entidades bancarias polas que se sinten estafadas. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.