Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de julio de 2012

"EMPREGA SALNES" DA EMPREGO A 47 PERSOAS



O programa “Emprega Salnés” xa reinsertou no mercado laboral a unhas 46 persoas, 37 das cales aínda están en activo.
Esta iniciativa está sendo desenvolvida pola Mancomunidade de Municipios do Salnés grazas a unha achega de 120.000 euros da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

 
Esta iniciativa consiste en pulsar as necesidades do mercado e, segundo eles, formar á xente da contorna para que se adapte a esta demanda. Nesta edición, que se prolongará ata o vindeiro mes de setembro, participaron un cento de persoas. Entre as actividades formativas cabe salientar cursos de técnicas de venda, de busca de emprego, de informática ou creación de empregos, entre outros. 
 
Uns cursos que mesmo xeraron outras sinerxias en formación, aproveitando os recursos creados. A maiores da preparación teórico-práctica, os participantes contaron cun seguimento individualizado. Finalmente o proxecto “Emprega Salnés” acadou os seus obxectivos de recolocar no mercado a alomenos o 35 % dos traballadores. A día de hoxe accederon o mercado laboral unhas 46 persoas, das que 37 seguen aínda en activo, na súa maioría con contratos de seis ou máis meses de duración; destes, 21 traballadores, son a xornada completa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.