Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de julio de 2012

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA ASOCIACIÓNS, CLUBES E OUTRAS ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO









A N U N C I O
A Xunta de Goberno local, en sesión do 18.06.2012, acordou aprobar as Bases que rexerán a
convocatoria pública de subvencións municipais a Entidades sen fin de lucro para o ano 2012. Na súa
consecuencia, e en cumprimento do disposto polo artigo 70.2 da lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das
Bases do Réxime local, faise público o seu texto íntegro que é do seguinte tenor literal:
BASES
1. Estas bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las
subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a
realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que,
en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de Cambados.
2. Os fins indicados anteriormente efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable;
especialmente a prevista na lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, no Real Decreto
887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da lei Xeral de Subvencións, na lei 9/2007
de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da
lei de subvencións de Galicia.
1. OBXECTO DA SUBVENCIÓN
A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs
deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, etc.. durante o ano
2012.
As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo ás seguintes aplicacións
orzamentarias do Orzamento do 2012:
• 232.489.00 Transferencias a entidades benéfico-asistenciais: .............................. 30.000,00 €
• 324.489.00 Transferencias para actividades complementarias de educación: ...... 5.100,00 €
• 334.489.00 Transferencias a entidades culturais:..................................................... 5.700,00 €
• 337.489.00 Transferencias ocio e tempo libre:........................................................... 6.200,00 €
• 338.489.00 Transferencias para festas populares: ................................................... 3.000,00 €
• 341.489.00 Transferencias a entidades deportivas:................................................. 65.000,00 €
— Transferencias a entidades benéfico-asistenciais: van dirixidas a mellorar as condicións de vida
dos colectivos mais necesitados, principalmente as persoas maiores, discapacitados, inmigrantes,
persoas sen fogar ou en risco de exclusión social, drogodependientes etc.
— Transferencias para actividades complementarias de educación: van dirixidas a fomentar as
actividades complementarias de educación e en xeral, os gastos que respondan de xeito
indubidable, a natureza da actividade subvencionada.
— Transferencias a entidades culturais: teñen por obxecto financiar as actividades de promoción e
a participación dos distintos colectivos poboacionais en tódolos ámbitos da vida social e cultural
(actos folclóricos e musicais, seminarios, excursións de contido cultural, cursos .....)
— Transferencias ocio e tempo libre: van dirixidas ó financiamento de actividades de fomento da
actividade física e de lecer que desenvolvan as asociacións.
— Transferencias para festas populares: teñen por obxecto financiar gastos correntes de festas
populares que desenvolvan as asociacións.
— Transferencias a entidades deportivas: van dirixidas ó financiamento de
a) Campionatos e eventos deportivos nos que participen ou desenvolvan os clubs ou asociacións
que teñan este carácter ou entre os seus obxectivos, considerándose subvencionables os
gastos de seguros, arbitraxes, transportes, premios, vestiario, equipamento... e en xeral os
gastos que respondan a natureza da actividade subvencionada.
www.bop.depo.es u bop@depo.es u Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 128 Mércores 4 de xullo de 2012 Páx. 24
b) fomento da actividade física e deportiva.
Especificamente quedan excluídos, isto é, non se consideran gatos subvencionables, os derivados de:
— Adquisición, reparación ou mantemento de bens inmobles.
— Consumo eléctrico, telefónico e similares.
— Gastos derivados de comidas por xuntanzas e similares (agás nos supostos de transferencias para
festas populares), e en xeral, gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto
de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase
especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como
xustificantes dos gastos.
O importe das axudas en ningún caso, poderá ser de tal contía que aisladamente, ou en concorrencia
con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo da actividade subvencionada.
O período que se terá en conta, para a realización das actividades será o exercicio económico do 2012.
2. SOLICITANTES
Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas, asociacións, agrupacións veciñais ou
comités organizadores que cumpran os seguintes requisitos:
— Carecer de fins de lucro.
— Desenvolve-las súas actividades preferentemente no termo municipal, ou no caso de efectuarse
fora deste, deberá tratarse de actividades que suplan ou complementen ás atribuídas ó Concello
de Cambados.
— Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Cambados.
— Estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Cambados.
3. DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE
As solicitudes de subvención presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, segundo o formulario que
se adxunta como Anexo I das presentes bases, debendo presentar a seguinte documentación:
a) Descrición o máis detallada posible da actividade/s a desenvolver, e dos gastos e ingresos
previstos para a súa realización (pódese cubrir o propio Anexo I.1 ou aportar memoria
independente). No caso das subvencións a entidades deportivas deberá cubrirse asemade o
Anexo I.2.
b) Certificación expedida pola Secretaría Xeral do Concello na que se acredite a súa inscrición
no Rexistro Municipal de Asociacións de interese veciñal.
c) Acreditación do representante da Asociación (Anexo II.1) e fotocopia do DNI do Presidente
da Entidade, ou do que teña conferida a delegación debidamente acreditada.
d) fotocopia do CIf da Asociación.
e) Declaración xurada de encontrarse ó corrente nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da
Administración Tributaria e coa Tesourería Territorial da Seguridade Social, coas obrigas
tributarias do Concello de Cambados e de non encontrarse incurso en ningunha das
circunstancias de prohibición para a obtención da condición de beneficiario da axuda ou
subvención, previstas no artigo 13 da lei Xeral de Subvencións (Anexo II.2).
f) Certificado da entidade bancaria da conta corrente onde se deberá transferir o importe da
subvención que puidera concederse.
4. PRAZO DE SOLICITUDES
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo dos trinta días seguintes naturais,
contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
www.bop.depo.es u bop@depo.es u Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 128 Mércores 4 de xullo de 2012 Páx. 25
5. CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
O procedemento a seguir será o regulado no Capítulo II do Título I da lei 38/2003 de subvencións
coas seguintes especialidades:
unha vez rematado o prazo previsto na cláusula cuarta, as solicitudes de subvencións se distribuirán
entre os responsables do departamento máis afín por razón dos fines a satisfacer coa subvención
(culturais, sociais, deportivos, etc.....) os cales deberán comprobar que os solicitantes presentan
correctamente tódolos documentos esixidos e cumpren as condicións impostas para poder adquirir a
condición de beneficiario.
As solicitudes que incumpran os requisitos documentais sinalados no apartado terceiro destas bases,
non se admitirán a trámite, sen prexuízo da aplicación do artigo 71 da lei 30/1992 de Réxime Xurídico
das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, para a subsanación e mellora
da solicitude: “Si a solicitude non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior, requirirase ó interesado
para que , nun prazo de dez días subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación
de que, se non o fixera así, se lle terá desistido da súa petición, previa resolución.”
Sobre estes extremos, e a maior brevidade posible, emitirán un informe no que conste unha proposta
de resolución motivando os criterios de reparto.
Tratándose de subvencións para actividades complementarias de educación, para entidades culturais,
para ocio e tempo libre, e para festas populares, os criterios de valoración para a súa concesión e para
a fixación da súa contía serán:
— 1. Interese que teña o proxecto presentado para o desenvolvemento do Concello (ata 10 puntos).
— 2. Transcendencia e repercusión fora do ámbito municipal (ata 5 puntos).
— 3. Número de cidadáns beneficiados (ata 10 puntos).
— 4. A diversificación na programación de actividades (ata 10 puntos).
— 5. Carácter periódico ou permanente das actividades (ata 5 puntos)
— 6. Imposibilidade de realizar a actividade de non ser beneficiado pola subvención (ata 5 puntos).
No caso de subvencións a entidades deportivas, os criterios de reparto serán:
— 1. Nivel de actividade-competición (federada ou non federada e categoría na que participa) (ata
10 puntos).
— 2. Número de licenzas federativas e de equipos federados (ata 10 puntos).
— 3. Número de inscritos nas escolas deportivas (categorías de pre-benxamín ata junior-xuvenil)
(ata 10 puntos).
— 4. Ámbito xeográfico onde se desenrola a actividade (distancia de desprazamentos) (ata 10
puntos).
— 5. Implicación financeira da entidade e número de socios (ata 5 puntos).
— 6. Promoción deportiva (aquelas entidades que organicen actividades ou competicións deportivas
para promocionar o seu deporte) (ata 5 puntos).
— 7. Currículum deportivo da última temporada de cada asociación ou clube (ata cinco puntos).
Para as subvencións a entidades benéfico-asistenciais, fíxanse os seguintes criterios de reparto:
— 1. Que teñan como fin medidas para encamiñar e corrixir situacións de desigualdade (ata 10
puntos).
— 2. Que teñan como obxecto potenciar a participación das persoas que sufran algunha marxinación
en tódolos ámbitos da sociedade (ata 10 puntos).
— 3. Que as actividades programadas estean encamiñadas á integración socio-laboral dos colectivos
que representen (ata 10 puntos).
— 4. Número de beneficiarios (ata 5 puntos).
— 5. A continuidade, estabilidade e solvencia demostrada pola entidade solicitante (ata 5 puntos).
www.bop.depo.es u bop@depo.es u Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 128 Mércores 4 de xullo de 2012 Páx. 26
— 6. Imposibilidade de realizar a actividade de non ser beneficiado pola subvención (ata 5 puntos).
O expediente e a proposta de resolución someterase a coñecemento da Comisión informativa
correspondente, que emitirá o ditame que considere procedente.
Á vista da proposta de resolución e do ditame da Comisión informativa correspondente, a Xunta de
Goberno local acordará o reparto definitivo das subvencións, mediante acordo motivado, atendendo ós
criterios anteriormente sinalados.
A contía da subvención outorgada a cada asociación ou agrupación de cada área subvencionable,
cando as condicións obxectivas das mesmas sexan similares (nº asociados, área territorial, etc.) deberá
ser igual dentro do límite máximo determinado pola dispoñibilidade orzamentaria, debendo ser
motivada as posibles desigualdades.
O outorgamento das subvencións terá carácter voluntario e a Xunta de Goberno local poderá
revocalas ou reducilas en calquera momento. En ningún caso poderán ser invocadas como precedente.
A resolución de concesión das subvencións será publicada no taboleiro de anuncios do Concello.
Ademais lles será notificada ós interesados, e no caso de silencio administrativo entenderanse as
solicitudes como desestimadas. A resolución porá fin a vía administrativa podendo os interesados
interpoñer o recurso potestativo de reposición, ou no seu caso, recurso contencioso-administrativo nos
termos recollidos na lexislación vixente.
6. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Serán obrigas das entidades beneficiadas:
a) Realiza-las actividades obxecto de subvención. Calquera cambio deberá ser comunicado
previamente por escrito para poder ser admitido.
b) Someterse ás actuacións de comprobación por parte do concello e as de control financeiro que
corresponde á Intervención municipal, así como facilita-la información que o Consello de
Contas de Galicia lles requira.
c) Sinalar en todo tipo de publicidade que a actividade subvencionada conta co financiamento
do Concello de Cambados, indicando "subvenciona Concello de Cambados”.
d) Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións que financien as actividades
subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza dita concesión.
7. XUSTIFICACIÓN
A subvención que conceda o Concello de Cambados poderá financiar o 100% do custo da actividade
subvencionada. Deste xeito, para poder percibir a subvención, a entidade deberá xustificar como mínimo
o importe concedido.
No caso de que se xustifique un gasto inferior á cantidade concedida, aboarase a parte proporcional
da subvención.
Antes do 15 de Novembro, as Asociacións beneficiarias deberán presentar no Rexistro Xeral do
Concello, a xustificación da conta polo importe da subvención concedida, segundo os formularios
previstos, debendo acompañar a seguinte documentación:
• Instancia asinada polo Presidente da entidade e dirixida ó Ilmo Alcalde-Presidente do Concello
de Cambados, na que se solicite o seu abono no número de conta corrente indicada na solicitude
(Anexo III).
• Conta xustificativa dos gastos realizados que se presentan como xustificantes da subvención
outorgada. Dita relación deberá presentarse conforme o Anexo IV.
• facturas ou outros documentos xustificativos dos gastos efectuados, por importe como mínimo da
subvención concedida, debendo estar expedidos ó nome da asociación, ser orixinais ou fotocopias
compulsadas, e estar datadas no ano 2012, que é o ano no que se concede a subvención. Non se
admitirán recibís por gastos de desprazamento nin albaráns. As facturas deberán cumprir os
requisitos establecidos para a súa expedición no R.D 1496/2003, isto é, como mínimo deberán
conter os seguintes requisitos:
www.bop.depo.es u bop@depo.es u Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 128 Mércores 4 de xullo de 2012 Páx. 27
— Nome, razón social e NIf ou CIf de quen emite a factura.
— Desagregación do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención, deberá facerse constar
expresamente na factura.
— Nome, enderezo e NIf ou CIf do beneficiario da subvención.
— Descrición do servizo ou subministro prestado.
— Número de factura, data de emisión e denominación de “factura”.
— En todas as facturas se deberá achegar xustificante de cargo bancario ou constancia inequívoca
de que a factura presentada foi pagada (palabra específica “pagado”).
• Declaración responsable segundo modelo establecido no Anexo V.
• Memoria xustificativa da actividade realizada segundo modelo establecido no Anexo VI.
• Para aqueles supostos en que o importe da subvención concedida supere os 3.000 € será obrigatorio
aportar certificados expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería
Territorial da Seguridade Social, acreditativos do cumprimento das obrigas tributarias e coa
Seguridade Social .
De non presentala xustificación dentro do prazo establecido nestas bases entenderase que desiste da
súa petición. No caso de que a xustificación presentada se estime insuficiente, o Concello requirirá a
asociación no prazo de 10 días naturais, para que subsane os defectos apreciados. Si transcorrido dito
prazo, non se producira a subsanación requirida, tal feito ocasionará a revogación da subvención e, en
consecuencia o impago da mesma.
unha vez xustificada correctamente a subvención, a cantidade concedida ingresarase na conta
corrente indicada polo titular da Asociación ou Entidade subvencionada.
8. CONTROL DA SUBVENCIÓN
Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador
establecido na lei Xeral de Subvencións 38/2003, no seu Regulamento 887/2006, na lei Xeral
Presupostaria 47/2003, e demais normas concordantes, isto é, na lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do
Tribunal de Contas e lei Ordinaria do Consello de Contas de Galicia.








Máis información na Biblioteca Municipal (casa dos Fraga)






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.