Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de julio de 2012

COMO PODER TRABALLAR SEN TER O CARNE DUN PARTIDO POLÍTICO





Hai uns dias mantiven unha conversa con un extraballador dun Concello da comarca. Nesta conversa sairo a relucir os procedementos de contratación por parte dese Concello, nada novo si temos en conta que todos sospeitamos que ditas contratacións fanse a dedo a pesares de poñer como excusa que é o INEM quen manda a relación de candidatos para ditos postos.



Este extraballador decíame que co anterior Alcalde el non tiña problemas para entrar a traballar cando dende o Concello se precisaba persoal laboral nas tempadas de máis apuro. Pero coa entrada doutro Alcalde do mesmo partido, empezou a atopar unhas trabas que antes non tiña. Empezousa a seleccionar todavía máis a o personal pedindo unha acreditación laboral máis alta. A razón de subir o listón era que xa moita xente coñecía que tipo de persoal se requería en cada momento i era entón cando a alcaldía atopaba o problema. Había que agradecer a moita xente os servizos prestados. Pegar carteis, facer de recheo nos mítines, facer de apoderados nas mesas cando as eleccións, en definitiva facer de lamecús. A quen metemos agora?.




Este extraballador tivo que trocar o seu curriculum. De peón albanel pasou a oficial de 1ª, de xardiñeiro a capataz de xardíns, de varredor pasou operario de limpeza e coidado medioambiental (estos non son os nomes realmente pero non me dou os detalles pormenorizadamente).




Neste tipo de traballos entran os monitores de tempo libre.
Durante a conversa saleu o tema de que porque certas persoas entran cada seis meses a traballar nos Concellos, habendo xente con máis antigüedade no paro, adicándose a limpar as rúas. A resposta que recibín foi ben sinxela para poder meter a esas determinadas persoas piden no INEM a algún traballador con unhas determinadas características que so eles saben que vai ter ese traballador en concreto.




Agora que moitos traballadores moi cualificados desinfran os seus curriculums para acceder a postos de inferior nivel a o deles, para traballar en certos Concellos xa non vale con infralos soamente. Antes había curriculums, curriculums infrados coma globos e agora temos curriculums Zeppellín, que de tan infrados poden estala.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.