Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2012

O ALBARIÑO ROCK FINALMENTE QUEDA CANCELADO






Hai uns dias falábamos da suspensión dun Festival de Música en Cambados, o Mariña Rock, hoxe temos que falar de outro.


Neste caso non é suspensión senón cancelación do ALBARIÑO ROCK que se ía celebrar seguramente na segunda quincena do mes de agosto.


No mes de abril saía a luz a idea de facer un gran festival en Cambados
no que participarían grandes bandas de rock nacionais. Bandas dos oitenta, noventa e tamén máis actuais. Todo íase concretando pouca pouco, e incluso en maio houbo unha entrevista  na que o alcalde apalabrara o seu compromiso estreitando a man dun membro dun destacado grupo que ía a actuar nese festival, cando de golpe e porrazo alguén decidiu deixar fora do evento a dita banda, Julio Castejón da banda madrileña ASFALTO para máis señas.


Postos en contacto con un dos promotores díxonos que todo se cancelara pola informalidade da xente. A falla de seriedade leva ao limbo un bonito proxecto que poría a Cambados no mapa das cidades e vilas de Galicia con unha oferta musical para varias xeracións.




Miguel Costas era outra das estrelas que ían a tocar nas Goritas, que deben ser gafe pois este ano 3 de 3. 3 festivales e 3 cancelacións.


Todos sabemos que Manolo Escobar e Julio Iglesias son referentes musicais para todo o mundo, pero hai vida despois destas duas grandes estrelas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.