A executiva de Compromiso por Galicia,
formación política composta por +Galiza, Acción Galega e Espazo
Ecosocialista e que busca ser alternativa no ámbito nacionalista,
avanzou onte tras a reunión da súa primeira executiva que levará a cabo
sete "grandes actos" para presentar a súa proposta.
Os responsables de Compromiso por Galicia chamaron á "participación" nos actos, abertos ao público e nos que se debaterán "o esqueleto político e programático", en palabras de Xoán Bascuas, líder da corrente Máis Galiza.
Este portavoz apostou ademais porque "no menor tempo posible" a formación Encontro Irmandiño, encabezada por Xosé Manuel Beiras, poida unirse a Compromiso por Galicia para "ofertar á cidadanía unha proposta conxunta nacionalista, galeguista e progresista".
O venres pasado tivo lugar unha reunión en Cambados cos referentes de +Galiza na comarca na que se debatiron as opcións de como afrontar o reto cara a próximas citas electorais. Cerca de trinta persoas vencelladas o novo proxecto estiveron presentes, a destacar certas ausencias por motivos personais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.