Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2012

DATOS DO PARO DE MAIO





O paro rexistrado baixou en Galicia en 1.036 persoas en maio respecto de abril (-0,37%), segundo informou hoxe o Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

O número de desempregados sitúase en 276.608 persoas.

O desemprego baixou en maio en quince comunidades autónomas, especialmente en Baleares (8,12 por cento), A Rioxa (2,71) e Navarra (2,66).

Pola contra, o paro aumentou en Canarias, un 1,55 por cento e Estremadura, un 0,16 por cento, ademais das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, co 0,81 e o 9,70 por cento, respectivamente.

En canto aos datos da Seguridade Social, en Galicia o número de afiliados aumentou en maio respecto de abril en 170 persoas.

O total de adscritos ao sistema situouse en 943.703 na comunidade autónoma.



Na provincia de Pontevedra o dato é positivo posto que 337 parados deixaron de selo no mes de maio, uníndose ao tono xeral de Galicia e do conxunto do Estado español.



Con este dato positivo a provincia cifra o número de parados en 108.887 todo isto segundo datos do Ministerio de Traballo. As mulleres aventaxan en máis de 5000 o número de paradas contra os de homes sen traballo.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.