Hoxe traemos o terceiro especial sobre o DIA das LETRAS GALEGAS e non podía ser doutro xeito que adicarllo o protagonista desta festa neste 2012 VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Deixamosvos unha pequena bibiografía do autor pontevedrés.
Deixamosvos unha pequena bibiografía do autor pontevedrés.
Xurista, xornalista, académico, conferenciante, político,
poeta ou empresario, a proteica e rica personalidade de Valentín Paz
Andrade resiste calquera tentativa de redución a un único aspecto da súa
personalidade que non sexa o do seu compromiso cun país, Galicia, que
el mesmo propuxo como tarefa.
A formación
Descendente da burguesía local por liñaxe paterna, e da pequena fidalguía pontevedresa por parte de nai, o protagonista do Día das Letras deste 2012 naceu un 23 de abril de 1898 na aldea de Lérez, moi preto de Pontevedra. Aos oito anos ficou orfo de nai, un feito que o marcou profundamente. Cursou os primeiros estudos e mais o bacharelato en Pontevedra, onde xa amosou unha inclinación precoz cara ás letras sen dúbida fomentada polo seu tío, o ilustre poeta Juan Bautista Andrade que, ademais, foi presentarlle a Castelao en 1916.
Do trato co senlleiro líder nacionalista naceu unha longa amizade que se mantivo acesa ata a morte do político rianxeiro en 1950, pero tamén un firme compromiso con Galicia desenvolvido en moi diversas áreas. Baixo o consello do seu pai, trasladouse a Compostela para estudar a carreira de Dereito, e foi nesta época cando deu comezo á súa militancia activa no nacionalismo participando como orador, xunto con Euxenio Montes, na II Asemblea Nacionalista, celebrada en Compostela en 1919, e participando na fundación do Grupo Autonomista Universitario, vinculado á Irmandade da Fala de Santiago, da que foi electo presidente. A súa xeira universitaria deixoulle, asemade, tempo para colaborar esporadicamente coa prensa local santiaguesa, nomeadamente, na Gaceta de Galicia e no semanario pontevedrés La Provincia. Culminou, finalmente, os seus estudos coa cualificación de sobresaliente.

Non ben rematada a carreira, debutou como avogado en Pontevedra xa en 1921, xusto antes de ser chamado a filas para participar na Guerra do Rif. Durante esta campaña, enviou crónicas desde Marrocos para o xornal coruñés El Noroeste que cimentaron a súa fama como xornalista, unha das súas facetas máis recoñecidas. En 1922, contando vinte e tres anos, recibiu unha baixa médica, grazas aos seus contactos, que lle permitiu abandonar África e volver a Galicia, onde se entrevistou, na Coruña, co cónsul chileno, Cádiz Vargas, co fin de botar a andar o proxecto dun xornal que acabou sendo o Galicia, subtitulado, Diario de Vigo, do que Paz Andrade foi director.
O xornal saíu do prelo por vez primeira o 25 de xullo de 1922, contando con Roberto Blanco Torres, Francisco Pita ou Lustres Rivas na redacción; con Luís Ksado no deseño gráfico; co Castelao caricaturista nas ilustracións da portada e cun feixe de sinaturas como as de Antón Villar Ponte, Vicente Risco, Fermín Bouza Brey, Otero Pedrayo, Armando Cotarelo Valledor ou Amor Ruibal. Esta prestixiosa nómina, que exerceu un xornalismo de calidade cunha marcada liña progresista e galeguista, converteu de inmediato o Galicia nunha referencia xornalística a nivel galego, mais, a partir de 1923, sofre persecución e censura so a Ditadura de Primo de Rivera, ata o seu peche definitivo en 1926.
Paz Andrade, como director do xornal, viuse encarcerado na cadea da rúa Príncipe, en Vigo, durante un mes no ano 1924. A partires de 1927, Paz Andrade comezou a prestar servizos como avogado á patronal pesqueira viguesa radicada en Bouzas e fundou a revista especializada do sector; Industrias Pesqueras, co financiamento do industrial de orixe catalá José Barreras Massó. Esta relación co mundo do mar e da pesca converterase, en adiante, na súa principal actividade profesional, así como o obxecto de numerosos estudos, ensaios e conferencias, dos que o primeiro exemplo é Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema, de 1928.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.