Grupos de ultradereita como La Falange e Nudo Patriota Español
convocaron unha manifestación na tarde do 25 de maio, unhas horas antes
de que o Barcelona e o Athletic de Bilbao disputen a final da Copa do
Rei.
A Delegación do Goberno en Madrid aseguran que a petición de
manifestación se fixo en tempo e forma e que non existen motivos para
prohibila.
'Contra o separatismo, unha bandeira. Marcha pola unidade de
España', é o lema desa manifestación que discorrerá entre as prazas de
Alonso Martínez e de Chamberí entre as 18,00 e as 19,30 horas do día 25
de maio, mentres que a final de Copa, que se xogará no estadio Vicente
Calderón, empezará ás 22,00 horas.
O pasado 14 de marzo a formación Solidaritat Catalana per a
Independència (SI) anunciou "unha gran acción independentista" en Madrid
con motivo da Final da Copa do Rei de Fútbol, á que está previsto que
asista o rei Juan Carlos.
Ese mesmo día, a delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes,
asegurou que despregará o dispositivo policial adecuado para garantir a
seguridade na final de Copa e advertiu de que se houbese persoas que
provocasen incidentes, "se van atopar de fronte coa lei".
Todo isto sucede por culpa de uns periodistas ultranacionalistas que lle dan demasiada importancia a o Rey e a Monarquía. Se varios miles de siareiros do Barça e do Bilbao pitaron o himno fai tres anos a que ven recordalo e "animar" a que o volvan facer e tamén darlle motivos a os contrarios . Eses siareiros representan o sentir de millóns de españois, pero por educación e respeto estos non somos, pois eu inclúome, tan esaxerados nas nosas protestas nin nas nosas críticas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.