Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de mayo de 2012

HAI P.O.D. NO AUDITORIO DA XUVENTUDE CAMBADOS











Os monologuistas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor traerán o 3 de xuño ó AUDITORIO DA XUVENTUDE o seu novo espectáculo de humor.


Oswaldo Digón



Non había mellor presentación que esta para coñecer o novo proxecto humorístico que en tres semanas, o tres de xuño, traerán a Cambados estes tres monologuisas. O fío inspirador –e condutor- son as novas tecnoloxías. Digón, Suevos e Amor prometen unha hora e media de humor na que os monólogos se combinarán con proxeccións audiovisuais, música e moita improvisación.

David Amor



‘Hai POD’ é apto para todo tipo de público, aínda que os propios proatagonistas recomendan que mellor asistan mozos a partir dos trece anos ‘ata a idade de Matusalén’. As entradas para asistir xa se poden adquirir na Oficina de Turismo de Cambados.




Pepo Suevos

A idea de traer este espectáculo á capital do albariño responde á vinculación que os tres monologuistas manteñen co municipio, pois xa actuaron nel en anteriores ocasións. Unha relación que os animou a incluír Cambados dentro da xira de ‘Hai POD’ por toda Galicia.







2 comentarios:

Anónimo dijo...

boas amigos, en todos os medios oficiais sae que o espectáculo será no Auditorio. Tedes contrastada a información ou trátase dun erro?

CORES DE CAMBADOS dijo...

Grazas pola puntualización como verás xa esta correxido. Foi un erro nosopois fixemos a publicación de fontes alleas o concello sen agardar a confirmación oficial.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.