Os traballadores da empresa Ankarr e a CIG veñen de reaccionar ante o comunicado de prensa que ven de emitir a familia Carracedo sobre a venda da empresa. Para os empregados, arestora inmersos nun ERE extitintivo que está a punto de esgotarse, a actuación da venda da confeitería so era unha artimaña para desfacerse da plantilla.
Os
asalariados de Ankarr aseguran que foron enganados tanto polos antigos
propietarios como a dirección actual de Novo Ankarr; polo que eles son
realmente as víctimas nesta negociación. A CIG lembra que no contrato de
compra-venda hai unha cláusula pola que, se unha das partes incumpría o
acordo, podería disolverse nos primeiros dous meses.
Entenden
que este comunicado dos heredeiros de Ankarr non é máis que un intento
de lavado de cara de cara ante o vindeiro xuízo, polo que pensan seguir
adiante cas denuncias.
O xuízo de Ankarr terá lugar o vindeiro 22 de maio, nos Xulgados do Social de Pontevedra.
Hai que recordar que Ankarr tiña confiterías en Caldas, Cambados, Vigo e Vilagarcía e chegou a contar con máis de corenta traballadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.