Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de octubre de 2016

GRAVE ACCIDENTE CON FERIDOS EN MEAÑO








Un accidente de tráfico entre dous vehículos deixa outras tantas persoas feridas. Unha das vítimas tivo que ser liberada polos Bombeiros. Segundo indicou unha persoa particular ao 112 Galicia, un dos coches accidentados bateu contra un poste da luz. 
Os feitos tiveron lugar na estrada que vai de Barrantes a Dena, á altura da parroquia de Padrenda. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 23:15 horas de onte. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Salnés, que enviaron dotacións ao punto. Ata alí tamén desprazaron, a través da alerta do 112, varios membros do GES de Sanxenxo. Ademais, a situación foi posta en coñecemento da Garda Civil. 
Os efectivos mobilizados, axudados dun equipo de excarceración, procederon a liberar unha muller do interior dun dos vehículos accidentados. Foi trasladada nunha ambulancia a un centro hospitalario. A outra persoa ferida tamén recibiu asistencia sanitaria. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.