Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de noviembre de 2015

¡PERO MIRA QUE SODES PATETICOS, “ASI ES CAMBADOS”! (1ª PARTE)









¡PERO MIRA QUE SODES PATETICOS, “ASI ES CAMBADOS”!
         (1ª PARTE)

Fai tempo, queridos amigos, que quería falarvos duns dos últimos elementos  en chegar ao espazo virtual  cambadés e que nos acostuman a  facer pasar bos ratos e a divertirnos, maiormente, polo patéticos que poden  chegar a ser, estes non son outros que os representantes da extrema dereita cambadesa e, que,  como xa imaxinariades, de quen estou a falar  é dos nosos “amigos” de “Así es Cambados” e “O solpor en Cambados”.
Como, seguro que  moitos sabedes, dita paxina de Facebook e dito  blog naceron como oposición ao actual goberno de Cambados, algo totalmente lexítimo e, hasta aí, nada novo pero, hoxe, aquí, quería centrarme en analizar, como xa dixen anteriormente, o patéticos  e sectarios que poden  chegar ser.
En primeiro lugar quero aclarar algo que me molesta especialmente, algo que xa me sinalou mais de un e que consiste en querer compararnos aos blogs que no seu dia fixemos crítica e oposición  ao goberno municipal do PP (Cambadostk, “A ti meu Cambados”, “Cores de Cambados” e “AlzalavozCambados”) con estes “figuras”; como digo, esa comparación é, simplemente, insultante. Podería desenrolar toda unha tese doutoral para explicar  as diferenzas abismais   entre uns e os  outros pero para non estenderme moito simplemente sinalarei dúas diferenzas  fundamentais.........
En  primeiro lugar hai que destacar que os administradores e colaboradores dos blogs de esquerdas sempre se identificaron con  nome e apelidos  e deron a cara con valentía, cousa que non pasa cos administradores e os colaboradores de “Así es Cambados” e “O solpor en Cambados” que se agochan, covardemente,  tras perfís falsos e  pseudónimos o que amosa, ás claras, a pouca ou ningunha credibilidade que poden ter: dende o anonimato é moi fácil falar aínda que soamente sexa para insultar ou facer unha crítica estéril; pero, o mais patético, foron os motivos que deron para manterse no anonimato: dende recorrer á filosofía barata (“lo importante no es quien soy yo sino el mensaje”)  hasta alegar hipotéticas ameazas, cando,realmente,   os únicos que, hasta agora, teñen recibido ameazas reais foron xente de esquerdas como o defunto de Chon (ameazas que, en algún caso, chegaron hasta a mesma porta do seu domicilio) ou, tamén, o secretario  das Xuventudes Socialistas de Cambados, Ismael Agra, cando un dia chamouno  por teléfono unha “pseudoperiodista” pepera (“pseudo” por que o de periodista  “a secas” quédalle moi grande) e díxolle que a ver o que estaba a dicir non fora a ser que o tiveran que facer calar.
O segundo motivo que distingue  claramente a uns blogs de outros é que, cando apareceu o primeiro blog de esquerda (Cambadostk),  crítico co goberno municipal, este levaba case  vinte anos gobernando no noso pobo, polo tanto, tiña argumentos mais que suficientes  para poder criticar as numerosas “cacicadas” dos mandatarios do PP; pola contra, os de AEC son tan patéticos que, recen nomeada alcaldesa Fátima Abal, cando  nin sequera levaba dúas horas no cargo,  dende a páxina do concello (que aínda controlaban)  chamaron  “circo” ao novo cuatripartito; e non só iso:  cando Fátima nin sequera entrara no seu novo despacho (apenas 48 horas despois de ser nomeada) os de AEC xa estaban colgando un post onde denunciaban o, aparentemente, sucias que estaban as rúas cambadesas ...... sinceramente ¿pódese pintar mais o ridículo? Non é que non  lle deran xa  os  “cen días de graza”  e que non lle deron nin cen horas; polo visto, foi chegar o cuatripartito ao poder e, dun sábado para un luns, os barrendeiros de Cambados esquecerse de como tiñan que facer o seu traballo.                      
Probablemente esa sexa a característica mais destacable de AEC:  a súa intención, case obsesiva, de criticar por criticar, de intentar desprestixiar  ao actual goberno aínda que iso lévelles, en ocasións, a cometer “meteduras de patas” antolóxicas; por exemplo: nunha ocasión colgaron unha foto das farolas do paseo  marítimo encendidas a pleno luz de dia, acusando ao goberno local de derrochadores, cunha frase que dicía, mais o menos así:  ¿esta é a forma que ten este desgoberno de tirar cos cartos? ; pois ben, un veciño deixounos   “en pelotas” pois contestoulles da seguinte maneira: “¿pero de que estades a falar? O paseo marítimo depende de “Portos de Galicia” e, por tanto, da Xunta do PP, eles son os que tiran os cartos” ...... vamos, como se di hoxe en dia: un “zasca” en toda a boca.
Pero hai moitas mais  anécdotas “deliciosas” de hasta onde pode  chegar a súa obsesión, case, patolóxica de criticar por criticar;  por exemplo, como ben sabedes, un dos grupos que actuaron  na pasada  Festa do Albariño foron as “Nancys Rubias” con Mario Vaquerizo á cabeza, pois ben, resulta que os “cracks” de AEC colgaron unha foto do marido de Alaska cun vermú na man e criticaban que na Festa do Albariño dito cantante estivera tomando outra bebida distinta do noso viño e pintábano como un fracaso do cuatripartito   .......... decídeme a verdade, queridos amigos,  ¿pódese ser mais parvo?; dende logo,  ¡hai que ver que baixos poden caer algúns cando non teñen argumentos! Por que si  vamos  as hemerotecas e fixámonos en xantares do domingo de Albariño de anos anteriores, cando Aragunde era alcalde, observaremos que nas mesas, onde comían,  aparte de albariño, atopábamos outras denominacións de orixe como, por exemplo, Rioxa e non por iso o criticábamos dende a esquerda.
Precisamente, falando da Festa do Albariño e da obsesión enfermiza destes “figuras”   por intentar desprestixiar ao cuatripartito lembro un artigo “delicioso” de  “O solpor en Cambados” titulado “Un albariño con estrella ....roja” onde, segundo eles, describían como o cuatripartito  quería desprestixiar a Festa do Albariño, como intentaba acabar co desfile hasta a praza de Fefiñans, a investidura ou o Xantar; nese mesmo  artigo incluso afirmaban que o Cuatripartito buscaba que se deixara de falar castelán no Albariño e do malos que eran os de esquerdas por que eliminaran a elección da Raiña das Festas, vamos, podemos dicir que as nenas e as rapazas cambadesas, si se morrera, de repente, Justin Bieber no chorarían tanto como choraron este verán pasado ao quedarse sen dito concurso de beleza. ....... pero ¿queredes saber que foi o mais gracioso de todo este asunto e que amosa hasta que punto son de patéticos os peperos e o seu blog?  Pois que dito artigo onde, como acabamos de ver,  intentaban presentar o mal que trataba o Cuatripartito a Festa do Albariño publicárono o 23 de xullo, é dicir,  ¡¡unha semana antes de que comezara a  festa!!  ¡¡Tiñan tantas ganas de intentar deixar mal ao goberno municipal que non esperaron sequera a que pasase a festa para xulgala!! .....Obviamente o Albariño foi un exitazo, como tódolos anos e, a pesar, que nesta edición o novo goberno tivera que traballar a contra reloxo dado o pouco tempo co  que contou e o pouco que deixara feito o ex alcalde Aragunde.
Por certo, en dito artigo, había unha afirmación que me chamou poderosamente a atención e que amosa a ignorancia supina dos peperos; o estrato, en concreto, dicía: “Querido vecino, España conoce la Fiesta del Albariño gracias a que en su dia se le imponia la capa de cabaleiro al que hoy es el Rey de España ......”  pois ben esta afirmación é totalmente falsa por que Felipe de Borbón (hoxe Felipe IV) nunca estivo na Festa do Albariño pola simple razón de que cando o, hoxe, rei de España, visitou  Cambados foi un 18 de setembro de 1998,  e,  por tanto, non se pode relacionar ao monarca coa Festa (nin sequera se lle puxo a capa de cabaleiro no patio de armas do pazo como é costume senón nun acto privado en Exposalnes) .......iso si, os peperos teñen razón nunha cousa: o Albariño é coñecido grazas ao monarca pero polo ridículo nacional que se montou cando Luis Aragunde dirixiuse a Casa Real para solicitar que, en vez da foto oficial, si podía ser que en Cambados se colgara unha foto do novo Rei bebendo viño... xa podedes imaxinar o escarnio e “cachondeo”  que provocou,   para mostra o titular dun diario nacional:  “¿Puedo poner a Felipe VI bebiendo albariño?”.  
Pero, aparte de patéticos, os de AEC son pura  contradición; cando crearon a paxina de Facebook fixérono cun claro espírito, como xa dixemos, de criticar por criticar ao cuatripartito municipal (de aí o seu nome “Así es Cambados”)  pero acabaron dándose conta que o feito de volcar  papeleiras para, despois,  facer a foto e dicir o sucio que estaba  Cambados empezaba a facerse moi repetitivo e como se lles acaban os argumentos pois o  goberno de Fatima Abal  non era tan malo como eles pensaban que seria, pois nada, “ donde dije digo, digo Diego” e comezaron a  criticar a toda a esquerda xa fora a nivel autonómico,  estatal e, incluso, a nivel internacional o que lles levou a posturas sinxelamente esperpénticas;  nunha ocasión colgaron  a seguinte noticia: “Grecia apresa un barco boliviano con armas para ISIS”, hai   que precisar que, lendo a noticia, en ningún momento di que o barco pertenza ao goberno boliviano, nin sequera que tal acción estivese promovida  por dito goberno, simplemente que navegaba baixo bandeira boliviana e iso, aos pobres “ignorantiños” de AEC  bastáballes para intentar calumniar a Evo Morales; eu, daquela,  cando lin  o post lembro que lles fixen este comentario: “¿que queredes dicir? ¿que detrás desta operación está Evo Morales?   vaia chorrada!   É como si apresan un pesqueiro galego con droga e botámoslle a culpa ao presidente Feijoo (que non esquezamos que tiña amigos narcotraficantes)” o resultado foi que me bloquearon non deixándome facer mais comentarios dende entón......... por que iso è un dos axiomas principais dos “fundamentalistas”  de AEC: como lles rebatas con argumentos e lles desmontes as súas teorías, bloquéante sen compaixón .....¡¡vaia demócratas que están feitos!! .
Podería seguir contando moito mais dos nosos “amigos” de AEC pero como non quero estenderme moito, prefiro deixalo para unha segunda parte que, sen dúbida, permitiranos coñecer mellor as formas e o pensamento da resentida e mala perdedora dereita cambadesa   
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.