Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de junio de 2015

O PP OFRÉCELLE UN "CHOIO" A ARAGUNDE







Os ex alcaldes de Cambados e Ribadumia, Luis Aragunde e Salomé Peña, ocuparán os dous escanos do PP na Deputación de Pontevedra pola comarca do Salnés.
Así se decidiu na reunión de Rafael Louzán cos dirixentes locais do PP celebrado a últimas horas da pasada noite en Ribadumia.
O encontro celebrouse de urxencia ante a repentina convocatoria da Xunta Electoral para realizar mañá as votacións.

Polo que respecta á representación do PSOE, o vilanovés Javier Dios será o novo deputado provincial da comarca.
A formación socialista obtivo en Vilanova 5 concelleiros, o mellor resultado no municipio en moito tempo.
Vilanova faise, desta forma, cun acta provincial que durante os últimos catro anos recaeu en O Grove, na persoa de José Antonio Cacabelos.


As eleccións de Luis Aragunde e Salomé Peña para ocupar os escaños provinciais coñécense ás poucas horas de que o PSOE Provincial elexira oficialmente a Carmela Silva para presidir a Deputación de Pontevedra.
A socialista viguesa, teniente de alcalde e man dereita de Abel Caballero, foi aclamada polo PSOE provincial a últimas horas da pasada tarde. O seu obxectivo: "gobernar para a maioría e ter unha institución clara e transparente". 

De concretarse o pacto entre PSOE e BNG para gobernar a Deputación, o relevo na presidencia non será ata o 13 de xullo, debido ó recurso presentado contra os resultados electorais en Caldas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.