Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de junio de 2015

TRABALLADORES DO DIARIO DE AROUSA CONCENTRARANSE HOXE







Este luns foi o persoal de El Ideal Gallego, DxT Campeón e Diario de Ferrol quen realizou concentracións ás portas da sede do grupo empresarial no Polígono de Pocomaco (A Coruña) e na rúa Galiano, onde están as oficinas da cabeira ferrolá. As protestas seguirán hoxe cunha concentración dos/as traballadores/as de Diario de Arousa (en Vilagarcía).
Nestes momentos, a empresa debe ao seu persoal as nóminas de abril e maio e, segundo anunciou a dirección, non será até o 22 de xuño cando perciban o 50% da mensualidade de abril. Ademais, Editorial La Capital aínda ten pendente de abonar a paga extraordinaria de decembro de 2013, cuxo prazo máximo de ingreso se acordara -en acto de conciliación no SMAC- para finais de xuño de 2015.
De igual xeito, os/as traballadores/as seguen a demandar un plan de viabilidade que permita garantir o mantemento de todos os xornais e dos postos de traballo en condicións dignas. Neste senso, denuncian que até o momento a dirección só formulou como alternativa recortes na masa salarial das traballadoras e traballadores que fan posíbeis día a día que El Ideal Gallego, DxT Campeón, Diario de Ferrol e Diario de Arousa estean nos quioscos.
Así as cousas, de non producirse un xiro radical, cara a finais de mes, coincidindo co remate do ERE temporal vixente (que afecta ao persoal dende o 1 de xaneiro de 2013 e que supuxo unha redución dos salarios do 30%), non se descarta intensificar as mobilizacións.
As catro da tarde fronte a sede do xornal na Praza de Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.