Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2015

UN CAMBADÉS ENTRE OS ONCE DETIDOS DUN GRUPO DELICTIVO




O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil da Coruña levou a cabo o mércores un amplo dispositivo policial no que foron detidas 11 persoas vinculadas a un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas implicado nun tiroteo enMuxía. As detencións realizáronse de forma simultánea en diversas localidades das provincias da CoruñaLugo e Cambados, efectuándose cinco rexistros domiciliarios acordados pola autoridade xudicial.
Os detidos supostamente forman parte dun grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas que operaba nas citadas provincias e que, aproveitando as devanditas actividades, se chegaron a apropiar, "mediante engano ou con violencia e intimidación, do diñeiro que lles ofrecían outros traficantes interesados en adquirirlles droga".


A investigación que os axentes viñan realizando sobre varios dos agora detidos, fixo sospeitar da súa implicación no asalto acontecido, a principios do pasado mes, nunha casa rural do lugar de Aboi en Muxía, onde se produciu un tiroteo, no que, ademais de resultar ferido por arma de fogo o seu propietario, tamén recibiu un disparo un dos integrantes do grupo que estaba a ser investigado polos axentes e que participaba no asalto.
Así mesmo, esta investigación levada a cabo pola Garda Civil, permitiu "abortar un roubo con violencia ou intimidación" que "algúns dos agora detidos planeaban cometer contra un empresario ourensán", sobre o cal dispoñían de "amplía información" e ao que planeaban reter xunto á súa familia ata que lles entregasen o diñeiro que tivera no seu domicilio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.