Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2015

O CONCELLO NON DA IMPORTANCIA A NOSA HISTORIA






Hai uns meses concretamente en maio pasado CORES DE CAMBADOS publicou un artigo, UNHA PEDRA NO CAMIÑO, facéndose eco dunha publicación aparecida no facebook, sobre un marco xuridisciccional que se atopa no lugar do Cruceiro, en Cambados. 

A raíz desto o grupo municipal do BNG solicitou a protección do marco, de gran valor histórico. Dito marco indica o punto no que no ano 1670, levouse a cabo o apeo para deslindar claramente a xurisdición da Vila de Cambados, entre os señoríos de Fefiñáns e San Tomé, segundo acordo de Comisión do Real e Supremo Consello de Castilla. Como consecuencia da citada petición o concello tivo a ben considerar a protección de dito marco, o que o BNG valora positivamente pero lle parece que este paso debe ir acompañado do seguinte, que sería a colocación dalgún tipo de cartel ou placa informativa que faga referencia ao valor histórico do marco, de xeito que á protección deste valor patrimonial vaia acompañado da información e da  promoción  deste elemento da historia local do noso concello.
O BNG considera, así mesmo, que sendo o patrimonio cultural e histórico de Cambados, un dos aspectos máis destacables para a proxección do noso concello como destino turístico, en xeral a información da que dispoñen os/as veciños/as e turistas sobre o noso patrimonio é realmente escasa, pois non resulta habitual levar a man unha guía de Cambados ou haber pasado previamente pola oficina de información e turismo, polo que  sería conveniente contar cunha maior presenza, nas nosas rúas, de placas e paneis informativos que sirvan para divulgar o interesante patrimonio que posúe Cambados; polo que

Por todo esto o BNG solicita, que o recentemente protexido marco xurisdicional conte cun panel ou placa informativa sobre a súa orixe e valor histórico. Que, igualmente, sexa restituída a malograda placa informativa do cemiterio de Santa Mariña, pois as visitas turísticas a este interesante lugar son numerosas e así o demandan. E por último, que os responsables de Patrimonio do concello fagan unha valoración de todos aqueles lugares do municipio con valor histórico-artístico, para que conten cos respectivos paneis informativos, pois non se debe esquecer que a proxección turística do noso patrimonio tamén implicará un potencial valor económico.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.