Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de enero de 2015

DOUS FERIDOS EN ACCIDENTE DE MOTO EN VILANOVA





Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde ao hospital a unha rapaza que resultou ferida tras ser atropelada por unha moto. Así mesmo,  
segundo indicaron efectivos de Protección Civil desprazados ao lugar, tamén se requiriu asistencia sanitaria para atender e trasladar ao motorista ferido. O accidente tivo lugar na rotonda de Tremoedo, no termo municipal pontevedrés de Vilanova de Arousa. Tras o aviso dun particular ao fío das 15:30 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no que participaron os servizos sanitarios de urxencia,  axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como, os efectivos de Protección Civil de Vilanova e de Vilagarcía de Arousa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.