Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2014

ARDE UN COCHE EN SAN TOMÉ





Arde un coche na rua Narciso Pérez de Cambados. Por razóns descoñecidas un vehículo ardeu esta madrugada , sobre as 6 da en fronte ao Asilo de Cambados. O automóvil quedou destruído e non houbo danos personais,  que as lapas afectaron a un segundo coche pero os danos son menores que o primeiro.

Tamén destacar un pequeno accidente cerca do parque infantil da Calzada na zona dos aparcamentos, antes do incendio. Pequenos danos materiais foron a consecuencia de esta incidencia. 
En ambos casos Protección Civil de Cambados estivo presente.

ÚLTIMA HORA
Ao parecer o coche que ardeu foi o que provocou o accidente e douse a fuga, para rematar ardendo. Información e fotografías: Emerxencias Cambados
@Pc_Cambados







1 comentario:

Anónimo dijo...

A primeira e a segunda foto están relacionadas. O coche que ardeu colisionou con varios coches do paseo marítimo(entre eles o da foto)e despois deuse a fuga ata que o coche ardeu.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.