Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2014

O XUVEN PERDE O DERBI CONTRA MARÍN





Tratábase, a priori, dun dos encontros máis interesantes da xornada, e ningún dos dous equipos defraudó. Bo partido o xogado en Cambados resolta nos dous últimos minutos de xogo. Ambos equipos suscitaron un partido moi serio, sen perder a concentración, o que se traduciu nun marcador igualado durante os corenta minutos. O pívot de Boston, Ike Azotamn facía moito dano na pintura (24 puntos e 9 rebotes) mentres que o cubano Taylor García poñía á súa afección en pé cunha serie de triplos (5 de 8). Pero entrouse nos dous últimos minutos de xogo con 72-72 no electrónico. Á canastra de Charles Nkaloulou seguiulle un triplo vital de Norman Rei. García, espléndido desde os 6,75, fallou no momento clave e o Cambados afundiuse nas últimas posesións. Adón e Rogers finiquitaron o encontro a favor do Marín Peixegalego.

A clave: O triplo de Norman Rei a 1:21 minutos para o final foi un golpe duro para o Xuven Cambados, que intentou devolvelo rápidamente, non o conseguiu, e xa foi a remolque nas últimas posesións.


ESTADÍSTICA




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.